“Contento por puntuar en dous partidos contra rivais complicados e prantar cara a un equipo como o chispa”, añadiu.

Iván Canal compareceu en sala de prensa do Monte da Aira tras a primeira derrota da EFF Rosalía nesta tempada fronte á SD Chispa feminina:

“contento por puntuar en dous partidos contra rivais complicados e prantar cara a un equipo como o chispa, que vendo como xogan apostaría que van perder un ou só dous partidos na tempada”.

“O partido foi igualado, por momentos elas tiveron o dominio do xogo pero non creaban ocasions. Nos non dominábamos en canto a posesión pero creábamos máis perigo no área rival. Elas tiveron 3 e marcaron, nos chegamos con mais ocasions pero non materializamos”.

Primeiro gol psicolóxico

“Elas cando quedaban vinte segundos para o remate da primeira parte marcaron no que foi creo o único tiro por porta. Eso afectounos momentaneamente porque queríamos ir ao descanso sen recibir gol, pero despois de falar no vestiario sairon de novo enchufadas”.

Superioridade física do rival

“Non diría que físicamente foron superiores na parte final, foi máis de cabeza, de ler o xogo. Tivemos dous erros e decidimos cambiar a un 4-4-2 para arriscar e eso influiu negativamente. As veces hay que arriscar para poder sacar algo que xa está perdido, esta vez non saiu, en cambio a semana pasada, si”.

Feijóo

“Esperemos que non sexa nada. E unha rapaza estupenda en todos os sentidos, futbolísticamente de dez e xa lle teño moito cariño por cómo loita, o concentrada que está e todo o que aporta. Sempre é un gusto ter xogadoras así. Hay que facer probas e sabremos o alcance da lesión, que espero por ela e polo equipo que quede nun susto”.

Seguir na mesma liña

“Despois distes tres partidos os seguíntes seran plantexados na mesma línea de traballo. Seguir competindo e crecendo. Non vamos ter ningún partido sinxelo, non nos van regalar nada, sexa o rival que sexa. Toca seguir traballando para medrar individualmente. Hai moita liga”.

Pola sua parte, Cris Escudeiro, adestradora da SD Chispa destacou que “O Rosalía estivo moi ben colocado na primeira parte, moi ordenado e costounos ao principio facer ocasións. Chegamos de tiros lexanos, incluso elas tamén tiveron 2 ou 3 tiros lexanos, faltounos un pouco de movilidade fronte a sua orde. A segunda parte, creo, saimos máis enchufadas, buscando ben os espacios, as medios con máis movilidade, cambios de posición o que propiciou que tivéramos máis pegada e máis chegada ao área rival”.

Superioridade física

“O Rosalía quizá acusou un pouco o físico, ainda que quizáis o gol, un pouco psicolóxico, que metemos xusto antes de rematar a 1ª parte, afecta un pouco, queiras que non porque o estaban facendo moi ben, aguantando moi ben o tipo e eso quizá as desanimou un pouquiño. Nunca se rendiron, insistiron e eu creo que este equipo ten moita proxección. Fallamos algún máis, elas, quizais, non chegaron claro, claro pero acaban de empezar e teñen unha plantilla bastante completa e con boas xogadoras, moi ben ordenadas”.

Alagos sao noso equipo

“Acaban de empezar pero teñen unha plantilla bastante completa e con boas xogadoras, moi ben ordenadas, é un equipo ben traballado. Gustoume moito a sua orde, xa que un equipo traballado, tácticamente ordeado, sabe que facer co balón, para min moi ben o Rosalía, teño que darlles a noraboa”.

A capitana da EFF Rosalía tamén se acercou en zona mixta, Sabela Meno comentou:

“O partido foi moi reñido, na primeira parte creo que xogamos mellor que elas pero tivemos a mala sorte que no derradeiro minuto nos meteron gol. Despois na segunda parte, baixamos moito o ritmo con respecto aos primeiros 45 minutos e ahí é cando empezamos a perder balóns e precipitanos e ahí nos viñemos abaixo”.

“Eu penso que este ano imos a dar moita máis guerra que o ano pasado”, añadiu.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Ir o contido