Creo que puidemos facer máis

“Na primeira parte fumos superiores e na segunda elas porque non estivemos seguras atrás e o equipo meteuse moi abaixo”, explicou o adestrador.

Iván Canal compareceu en sala de prensa do Monte da Aira para analizar o Rosalía-Umia “B”: “Partido difícil ante un rival compricado que vai estar nos postos altos. Resultado con sabor agridoce por non rematar o partido na primeira parte e sacar algo máis, pero é un empate xusto”.

“Na primeira parte fumos superiores e na segunda elas porque non estivemos seguras atrás e o equipo meteuse moi abaixo”.

Resultado xusto
“O resultado é xusto, tivemos varias ocasións na primeira parte que non materializamos e elas tamén. Creo que puidemos facer máis, pero e xusto”.

Falta de gol
“Perdoamos moitas ocasións porque tamen só temos unha dianteira pura como Zaira. As demáis rapazas teñen xogado ahí pero non son dianteiras. Non temos xogadoras goleadoras a excepción de Zaira. Para materializar en goles as ocasións precisase experiencia, técnica, visión de xogo e principios ofensivos que a maioria de xogadoras que temos necesitan tempo para traballar eses conceptos porque leva tempo melloralos”.

Jorge Gómez, adestrador do Umia “B”.

Jorge , adestrador do Umia, tamén comparecía ante os medios: “Partido moi disputado onde nós saimos mal ao principio, abusando moito dos balóns en largo, entramos un pouco nerviosas porque temos moitas rapazas xóvenes. Nos enfrontamos a un rival complicado que creo que é un dos candidatos a estar ahí arriba”.

Segunda parte mellor
“Na segunda parte intentamos mellorar algo e as ocasións que houbo foron as que entraron. Nós fallamos dous paos e o partido decidiuse por detalles”.

Duas partes diferenciadas
“A primeira parte foi claramente do Rosalía, non saimos prácticamente do noso campo e a segunda eu pensó que foi máis nosa que delas. É certo que elas tamén tiveron algunha ocasión na segundo pero eu penso que nestas parte fomos nós quen levamos o ritmo do partido”.

Resultado xusto
“Bueno, si non fora polos paos, si, pero en definitiva un bo partido, bo resultado para nós e para elas non sei”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content