O presidente da RFGF D. Rafael Louzán Abal visitou as instalacións da EFF Rosalía no barrio de A Ponte.
Aproveitando a visita que tiña programada para observar de primeira man o estado das obras do campo de fútbol de Vilar das Tres, o presidente da Real Federación Galega de Fútbol quixo visitar tamén as oficinas da EFF Rosalía, único club feminino da provincia de Ourense, acompañado do Delegado provincial D. Raul Rois. O presidente interesouse polos problemas do día a día do club e da maneira de financiamento do club a nivel autonómico que máis quilómetros realiza para poder realizar a súa actividade. Ademais na conversa saíu o problema que ten a nosa cidade en canto a instalacións para poder desenrolar o seu traballo os distintos clubs e cada un aportou o seu diferente punto de vista.
A directiva do Rosalía agasallou ao presidente cunha bufanda do clube e un calendario do 2020 elaborado pola Escola. Agradecer a súa cercanía e a súa preocupación dende os nosos inicios polo noso traballo, tanto a nivel deportivo como institucional.