Daniela Barrio e Candela Bouzas presentes no primeiro adestramento da Selección Galega sub12

Daniela e Candela Bouzas citadas para o primeiro adestramento en Santiago da Sub-12 galega.

Unha excelente nova para a nosa Escola que pasiño a pasiño e co traballo incansable das nosas nenas e os respectivos corpos técnicos conseguimos que o nome da Escola de Fútbol Feminino Rosalía cada vez sexa máis recoñecido no panorama balompédico galego.

Daniela Barrio e Candela Bouzas foron seleccionadas pola adestradora Vicky Vázquez e o seu equipo de técnicos da Selección Galega sub12 para participar no primeiro adestramento da mesma nas instalacións do Campo Universitario USC de Santiago de Compostela. Daniela recibiu desta maneira a sua primeira convocatoria polo bo comezo de tempada realizado na EFF Rosalía Infantil con seis goles en nove partidos disputados, mentres Candela xa é a segunda cita a que acude despois de ser chamada a tempada pasada cando disputaba a Liga Promesas feminina.

A pesar dos nervios iniciais tanto Candela como Daniela sairon moi contentas por coñecer a novas compañeiras e vivir novas experiencias, ademáis as dúas están dacordo en que sería estupendo ter a posibilidade de voltar tanto elas como algunha compañeira máis do seu equipo infantil. Lembremos que no Rosalía da Liga Galega infantil participan con asiduidade e con moito protagonismo no xogo do equipo sete alevíns.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content