De novo á loita

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía Cadete enfróntase este sábado á UD Mos na 4ª xornada da Liga Galega Cadete.

De novo á loita. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía volve á competición liguera trala vitoria da semana pasada enfrontándose á UD Mos. Un rival moi complicado que segue apuntando a estar nas prazas altas da táboa e aínda non coñece a derrota nas tres xornadas xa disputadas.

“Un partido complicado, o noso rival chega colider e con pleno de vitorias, pero estou seguro de que o imos a competir”, sinalou o técnico na previa. 

O rival de hoxe está situado na segunda plaza da táboa, cos mesmos puntos que o Sárdoma con balance de 16 goles a favor e 1 en contra, o anotado por Uxía Romero do Umia a xornada pasada. Ademáis, o equipo dirigido por Lucía Llorente conta con varias xogadoras que entran na dinámica do equipo filial do club, enrolado no mesmo grupo que o equipo senior da EFF Rosalía, ao cal venceron a semana pasada por 3-1. “Polo que me comentaron os técnicos do primeiro equipo, teñen un bloque de xogadoras cadetes moi bo, pero céntrome no traballo no dia a dia das miñas xogadoras”, indicou en roda de prensa Sobrino.

Pola súa banda, as azuis, tiveron un comezo irregular, cun empate, unha derrota e unha vitoria. Situación que non lle preocupa ao técnico: “Isto acaba de empezar, aínda queda moitísimo. Pero de todos os xeitos o equipo Cadete do Rosalía está enfocado á súa formación, temos xogadoras con muchísima proxección que aínda hai que puír. Os resultados quedan nun segundo plano”.

No plano deportivo, Jorge Sobrino, técnico azul, terá a baixa obrigada de Daniela por enfermidade pero recupera a Valeria na portería. A convocatoria para hoxe é a seguinte:
Porteira: Valeria.
Defensas: Laura Añón, Silvia, Sara Bonjoch, Matilde, Lucía Pérez, Sofía Pérez e Aroa.
Centrocampistas: Lucía Caride, Sara Rodríguez, Cuquejo, Candela Bouzas, Ester e Lidia.
Dianteiras: Nerea e Claudia.

O partido arrincará ás 16:00 horas en O Seixo (Santa Cruz de Arrabaldo), estará dirixido pola árbitra Andrea Quintana Couceiro poderase saber o resultado final nas redes sociais do club.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content