Deixate levar pola #FebreAzul

Esta tempada xa somos club e como tal temos que buscar a maneira de financiarnos para poder ofrecerlle as nosas xogadoras todo o que elas merecen e cubrir as necesidades que cada un dos nosos tres equipos van ter durante a temporada.

É por eso que iniciamos a nosa campaña de captación de simpatizantes da EFF Rosalía a #FebreAzul e por tan só 20€ poderás axudarnos e obter a nosa bufanda e o carné de simpatizante.

Ademáis a nosa campaña ten un fin tamén solidario porque 2€ de cada simpatizante (o 10% do recaudado) donarémolo á Asociación AME Galicia que loita contra a Atrofia Medular Espinal.

Colabora con nós nestas duas boas causas, por un lado financiar a única Escola de fútbol feminina da provincia de Ourense e único clube ourensá con representación no fútbol feminino galego e por outra banda colaborar con AME Galicia, causa que merece moito a pena…

Podedes mercarlle as vosas bufandas a calqueira xogadora do equipo senior ou a calqueira membro do clube. Tamén podedes encargala dende a nosa web na sección de “contacto” ou polas nosas redes sociais e facémosvola chegar a calqueira punto do mundo.

Check Also

Peche exitoso do II Maratón Mixto de Futbito Festas da Ponte

Anibal Pereira, responsable de deportes do Concello, entregou os premios aos mais de 50 participantes. …

Skip to content