Derradeiro viaxe para cada un dos nosos equipos da Liga Galega Promesas antes da fase final que cada unha prepara con distintos obxectivos en mente.
Por unha parte o promesas “A” de Alba Rodríguez viaxa mañá sábado para enfrontarse á UD Mos no campo das Baloutas a partir das 12:30 do mediodía. A noticia máis destacada é a volta á competición de Xiana Cuquejo, a nosa medio centro lesionouse na primeira fase do Campionato de Seleccións Sub12 defendendo as cores da afiadora a finais de novembro. Dende o clube estamos contentísimos por a volta de Cuquejo que seguro axudaranos nos difíciles retos que nos esperan.
As pequenas do promesas “B” de Juanma Bello viaxan ó campo de Noalla na Lanzada, o domingo 11:30. As peques cas baixas confirmadas de Uxia Loureiro e Aldara, queren voltar á senda dos bos resultados despois do traspiés que sufriron o pasado domingo fronte as súas compañeiras do “A”. Este equipo segue evolucionando e en próximas datas probablemente incorpore novas xogadoras que nos fagan seguir crecendo como clube e sentando firmes bases para o noso futuro. A seguir crecendo!!!