O noso cadete, que adiantouse 0-2, perdeu o partido tras o descanso.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía sumou a súa terceira derrota a domicilio en Liga tras caer ante o Teis na Guía. O partido chegou con vitoria un a dous goles ao descanso (marcaron Amelia e Victoria para as nosas), pero as de David Alonso resolveron na segunda parte con dúas tantos de de Noa Rodríguez e outro de Helena. O noso equipo, acurtou distancias por medio de Xiana, pero sen tempo para mais.
Noso Cadete saíu mandando, cuns primeiros 15 minutos moi bos mantendo o control do xogo. Faltou algo máis de ritmo para converter ese dominio en ocasións claras, pero o equipo estivo ordenado e sólido. Aínda así, o acerto chegou nas áreas. Amelia abriu o marcador ao borde do cuarto de hora e Victoria ampliou a vantaxe dez minutos despois. O partido parecía controlado pero antes do descanso, o Teis recortou distancias por medio de Noa (1-2, minuto 33’).
Todo cambiou a volta dos vestiarios, o equipo de Javier Alonso sufriu nos duelos, concedeu demasiados metros atrás e acumulou erros na saída de balón e en segundas accións. Teis creceu en intensidade e terminou atopando a remontada. Helena empatou un minuto despois da reanudación e Noa completou o envorco con dous tantos máis (minutos 58’ e 71’), completando seu ‘triplete’ particular. Xa no tramo final, Xiana recortou distancias, pero o esforzo non foi suficiente sen tempo para rescatar puntos.
FICHA TÉCNICA
4-Teis: Naiara Badillo, Xela, Afrika, Sara, Mia, Helena, Briana, Noa, Noa Rodríguez, Ainhoa e Lamia. Tamén rogaron: Tamara, Ariana, Riham, Sofía e María Vázquez.
3-Rosalía: Noa, Sabela, Sara, Amelia, Alma, María Sofía, Candela López, Irene, Cayetana, Xiana e Victoria. Tamén xogaron: Claudia, Ainhoa, Elena, Sofía e María.
Goles:
0-1 (minuto 14) Amelia
0-2 (minuto 24) Victoria
1-2 (minuto 33) Noa Rodríguez
2-2 (minuto 46) Helena
3-2 (minuto 58) Noa Rodríguez
4-2 (minuto 71) Noa Rodríguez
4-3 (minuto 80+1) Xiana

