Site icon E.F.F. Rosalia

Derrota do Infantil ante un sempre efectivo Mos

As ‘avespas’, que anotaron os dous goles na segunda parte, atopáronse cun equipo Infantil ben posicionado pero sen sorte cara portería rival.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil caeu derrotada no penúltimo partido a domicilio da primeira fase ante o Mos (2-0). As de Quique e Castro, que chegaban a esta cita con ilusión a pesar de ser conscientes da dificultade, vanse sen carga das Baolutas. Na primeira metade, o conxunto pontino comezou aguantando ben posicionado, con moita tensión e un ritmo e intensidade altísima por parte dos dous equipos, aínda que o noso equipo dispuxo da primeira ocasión por mediación de Sara, cando nunha saída en falso de Lucía Otero, tenta disparar de vaselina non contactando ben co balón. Acto seguido , o árbitro pita unha cesión inexistente na nosa área a favor do Mos. O disparo iríase ao lateral da rede. A primeira parte finalizaría sen moitas ocasións claras e cos dous equipos ben plantados pugnando polo dominio do partido.

Xa na a segunda metade, o noso equipo saíu coa mesma idea, ser sólidas defensivamente e aproveitar o espazo que nos/nos concedían ás súas costas coa velocidade das nosas atacantes. Novamente Sara dispón da primeira ocasión. A dianteira preséntase ante a gardameta rival man a man, pero o seu ‘chute’ vaise fóra por centímetros. Acto seguido, a resposta local, Elisa aproveita un erro no despexe de Karla para marcar a pracer o 0-1 (minuto 44′). Golpe anímico para as novas xogadoras do Infantil, do cal non conseguirían repoñerse. Oito minutos despois, un pase longo cae a novamente a Elisa e a dianteira amarela define moi ben pola esquina inferior dereita da nosa portería. As pontinas botáronse arriba en busca de recortar a diferenza, pero con máis corazón que cabeza.

Con este resultado, a Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil queda sen sumar nunha partido clave para lograr acabar primeiras na primeira fase e xa pensa no que lle vén a próxima xornada, dentro de 15 días. As pontinas afrontarán a primeira fin de semana de febreiro, novamente no Municipal de Oira, o duelo fronte a Arcadia EF.

Exit mobile version