Dominio baixo a néboa

Segunda victoria do infantil cos goles de Daniela, Nerea (2), Lidia (3), Xiana e Ester (2).

Estrea da EFF Rosalía Infantil no Monte da Aira na segunda xornada de competición nun partido no que só houbo unha cor, o azul que se podía dislumbrar entre a néboa.

Continua a boa dinámica do equipo dirixido por Alba Rodríguez, en duas xornadas non coñece a derrota e con moi boa imaxe en canto a xogo.

O partido foi moi bo en todas as facetas no que as xogadoras estiveron moi ben en defensa, o que propiciou que as rivais tan só chegasen en duas ocasións á portería defendida por Valeria. As amarelas (xogaron coa segunda equipación o partido) manexaron con paciencia a saida do balón e Daniela (6’) foi a encargada, novamente, da abrir a lata e aportar esa dosis de tranquilidade ao equipo ao verse por diante no marcador tan pronto.

A partir dese momento, as infantiles empezaron a moverse moito mellor entre a néboa que cubría o Monte da Aira e os goles iban chegando poco a poco. Nerea (17’), Lidia (18’ e 33’) pecharon o partido antes do descanso.

Monólogo nos segundos 45 minutos
Na segunda parte as de Alba tiñan a consigna de probar cousas e deixar xogar ao Valladares pero ainda así a distancia no marcador aumentou . Xiana (45’), Ester por partida doble (69’ e 77’), Lidia (72’) e Nerea (79’) pechaba a goleada das infantiles nun partido controlado en todo momento pola EFF Rosalía Infantil.

Alba Rodríguez mostrábase contenta ao final: estou moi contenta co equipo, co traballo e sobre todo coa melloría con respecto á xornada pasada. Por outra parte, ímonos adaptando ás novas dimensións do campo pouco a pouco”.

Estadísticas do partido:

Enlace da galería completa en flickr:
https://www.flickr.com/photos/152519513@N08/albums/72157711548192082

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content