Site icon E.F.F. Rosalia

Dos libres directos de Zaira que valen tres puntos

As nosas senior seguen sorprendéndonos, tres victorias de tres partidos na segunda volta. Na primeira parte sumaron dez puntos e tan só en tres partidos da segunda volta xa levan nove.

Na matinal do domingo visitounos o Sporting Club San Mateo, no partido de ida o resultado foi moi abultado para as laranxas da vila de Ponteareas e máis alá do resultado, a sensación de superioridade facía que a priori este partido fora máis competido, dada a progresión das nosas, pero moi complicado.

A saida das nosas foi en tromba, presión a campo completo e a correr… xa na primeira xogada Sabela gana as costas da defensa, desfaise da porteira e o seu disparo vaise incomprensíblemente fora…

Sabela Meno laiase da ocasión perdida

O San Mateo estaba moi incómodo sobre o terreo de xogo. Ainara, que festexaba o seu aniversario e Aldarita non daban opcións e Sabela Meno, Zaira e Patricia creaban perigo constantemente na porta da porteira do San Mateo que mostrábase moi nerviosa.

Nunha falta directa o fío da media hora, Zaira marcaba de potente disparo. A sorpresa saltaba no Monte da Aira e as nosas, lonxe de porse nerviosas seguían a maniatar ás súas rivais e buscando ampliar a vantaxa…

A pequena gran “Aldarita” foi a dona do medio campo durante todo o partido

Chegouse ó descanso e a incertidumbre máis grande era si as Rosalías serían quen de aguantar físicamente o alto ritmo do partido, xa que durante a primeira parte víronse os que quizáis foran os mellores 45 minutos de fútbol de toda a tempada.

No tempo de lecer o estuche da bodega Ponte da Boga foi a parar á nai de Sabela Meno. Antía e Candela Losada, do Rosalía “B” exerceron de azafatas e mans inocentes.

Momento da entrega do premio á gañadora

Comezaba a segunda parte e o San Mateo co cambio de posición de Linda Riveiro, avanzándoa a posicións da medular, gañaba en presencia na nosa área. Ademáis comezaron a xogar máis físicamente e directo e nun par de córners crearon perigo sobre a portería de Rocío que unha vez máis mostrouse moi segura baixo os tres paus.

Cando máis apuradas nos vimos xurdiu a figura de Rocío para salvar os mobles

No minuto 78 e cando máis estábamos a sufrir, un novo libre directo transformado por Zaira e moi celebrado por toda a familia azul, como non podía ser de outra maneira, deixaba o partido visto para sentencia. Si ben é certo que o San Mateo tentouno a desesperada con defensa de tres, pero o gol en contra supúxolles un duro mazazo e o partido partido púxose moi de cara para as Rosalías que o dominarían ata o final.

A próxima semana visitamos Ponte Caldelas, un clube que nos goleou no Monte da Aira na primeira volta e que está pelexando por nós a oitava praza. Pase o que pase nese desprazamento e en tódolos partidos que restan ata final do campionato, nada poderá quitarnos a sensación do bo traballo e a enorme progresión que están a realizar as nosas senior. Gracias rapazas e a seguir así!!!

Ó final do partido a maioría da plantilla quedouse a desfrutar do convite de Ainara polo seu aniversario. Parabéns!!!

Exit mobile version