Dura derrota ante o Umia CF

A EFF Rosalía Cadete viuse superada polo rival na segunda metade

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete caeu derrotado na tarde noite deste sábado na xornada 9 da Liga Galega Cadete por 1-8. Durante os primeiros trinta minutos, as azuis foron máis competitivas, chegando a incomodar á meta rival en varias ocasións, adelántadose no marcador por medio de Antía. O conxunto rival comezou a asediar a portería pontina e o empate chegou no minuto 14 mediante Uxía Romero. A partir do primeiro gol, as pontinas trataron de resistir os constantes ataques das granotas, pero víronse superadas polas rivais, que acabaron levándose os tres puntos.

Os primeiros 40 minutos do encontro foron máis igualados do que o marcador reflectiu ao termo da primeira metade. O partido non podía empezar de mellor maneira, nada máis superar os dez minutos de xogo, Lucilú comeza o xogo baixo paus e tras pasar o balón por Noa Sanz e Miriam termina aos pés de Nair, a mediocentro coloca un balón medio entra a liña defensiva rival para que Antía encare a Sara e coloque o balón no fondo da rede cun tiro cruzado. A alegría non durou moito, a resposta de Umia chegou tres minutos despois un mal rexeite na saída de balón. Uxía Romero cazo un balón en tres cuartos de cancha para sacar un chut que pillou a nosa gardameta adiantada. Segundos despois, Lucilú tería que retirarse do terreo de xogo ao non atoparse ben. A partir dese momento, a presión visitante aumentou e no 19′, Sara Asdih deu a volta ao marcador co primeiro dos seus catro goles. A dianteira recupera o balón ao bordo da área e non pénsallo, cunha boa dereita sobe o 1-2 ao ‘luminoso’. Avisaron en dúas ocasións as visitantes antes do descanso, Dulcinea e Alicia probaron os reflexos de Aldara, que respondeu con dúas boas intervencións, pero co tempo cumprido, unha boa asistencia desde o sector dereito de Dulcinea ou remata de primeiras Uxía ao fondo da rede.

Vídeo: Gol de Antía

A volta de vestiarios, as ‘viquingas’ subiron a intensidade e aos tres minutos da continuación, Alicia aumenta a vantaxe tras aproveitar unha xogada embarullada con erros en ataque e defensivos. Dous minutos despois, Sara Asdih aproveita un balón longo desde defensa para entrar como un puñal desde o sector esquerdo e superar por abaixo a Aldara na saída (1-5, minuto 45). Sen tempo para dixerilo, o perigo chegou novamente con Sara, ao asistir á súa compañeira Sofía Gonçalves e aumentar a vantaxe. Non cesaron as visitantes no seu empeño e aínda marcaron dous máis antes do asubío final. Antes o susto no bando azul. Nunha loita polo balón entre Miriam e Alicia, a centrocampista visitante cae enriba da nosa xogadora e ten que ser retirada do terreo do xogo lesionada a espera de probas para saber o alcance da lesión. O sétimo chegou tras un roubo de Zaira Troncoso no medio campo, nun dous contra unha a Nair e un pase filtrado entre as centrais a Sara Asdih, a dianteira supera a Aldara e Lucía Novoa salva na liña pero a ‘viquinga’, moi atenta, remacha a gol. Uxía pecharía o marcador cun gol desde 30 metros que nosa gardameta non acerta despexar fóra.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content