Dura pedra de toque antes da xornada de descanso

Recibe a EFF Rosalía ao filial do Umia de 1ª nacional (domingo; 12:00h; Monte da Aira), que xoga o seu partido o sábado en Vilagarcía contra o Arousana, nun partido que será unha dura proba para a racha positiva das senior.

Canal recupera importantes efectivos, sobre todo na linea defensiva, Feijoó ten o alta competitiva, Cae Vizcaya ten compatibilidade laboral esta fin de semana e Isis Sanmartín parece recuperada dos problemas que a tiveron os últimos dous partidos fora da lista, todo esto fai que pareza que esta semana a liña defensiva gañará en experiencia e solidez. Por outra parte, Noui será baixa despois de coñecer a sanción por parte da federación pola expulsión do pasado domingo.

Dous equipos cunha xeira de partidos gañados e coa vista posta na xornada de descanso que a EFF Rosalía terá coincidindo coa festa do patrón da cidade, o San Martiño. Situación a destacar pola igualdade que hai na clasificación e a posibilidade de perder varios postos na clasificación en caso de derrota.

Ven seguro que se vivirá un apaixoante encontro no Monte da Aira con dous equipos novos en idade pero con moitas gañas de estar nos puestos nobles da táboa.

O rival
O Umia CF “B” chega ao Monte da Aira depois dunha racha de tres victorias consecutivas cun balance a domicilio de 2 victorias e 2 derrotas.

Precedentes
Esta será a primeira ocasión que a EFF Rosalía e o Umia CF “B” se enfrenten, xa que a tempada pasada as vikingas estaban emplazadas no grupo III.

Convocatoria
Porteira: Rocio.
Defensas: Noa Domínguez, Andrea, Isis, Cae, Feijóo y Aldara Sequeiros.
Centrocampistas: Aldarita, Alba, Noa Fírvida, Ainara, Sabela, Yadira y Patricia.
Dianteiras: Silvia y Zaira

Resto da xornada
No resto da xornada destacaríamos o partido de rivalidade entre Pereiró e Vilariño, mentres que tamén se espera un partido igualado entre Balaidos e Pontearnelas. Pola parte baixa, Mosteiro visita a un irregular San Mateo, mentres que Marín, Pontecaldelas e Juv. Cambados teñen comprosidos, a priori, contra rivais superiores.

Os horarios serán todos en xornada de domingo:
12:00h SD Chispa – SCD Pontecaldelas
12:00h SpC San Mateo – CD Mosteiro
12:00h EFF Rosalía – Umia CF “B”
16:00h Marin CF – SD Noalla
18:00h Balaidos CF – SD Puentearnelas
18:00h Juventud Cambados – CD Bueu
18:00h EDVM Pereiró – Racing de Vilariño
Descansa Gondomar FB

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content