O noso equipo regresa ao Municipalizaos de Oira co obxectivo de dar continuidade ao gran inicio (Domingo, 12:30h, tiivii.gal).
Nova cita ligueira para a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía tras un arranque histórico no seu debut na categoría: 4–1 no Municipal de Oira ante o Atlético Vilalonga “B” e 0–1 en Santa Isabel fronte ao filial do Vitoria FC. Dúas vitorias en dous encontros que sosteñen ás azuis na parte alta da táboa e que convidan a soñar con outro paso adiante na Primeira División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP.
Un triunfo permitiría manter o pleno e, segundo resultados, asaltar o liderado neste inicio de curso, consolidando ás ourensás entre os proxectos máis sólidos da Primeira Galega.“ Queremos seguir crecendo desde o xogo, cada partido nesta liga é unha final”, subliña Alberto Tamayo, que xa destacou na previa da última xornada a necesidade de manter a identidade e a agresividade tras perda. Miriam estrea convocatoria esta temporada nunha lista de 16 xogadoras que completan a lista to técnico ourensán.
O rival: Vitoria CF “B”
Filial dun histórico do fútbol feminino galego, o Vitoria CF “B” combina mocidade e bo pé, con capacidade para presionar alto e castigar a balón parado. Chega a Oira en dinámica positiva e coa etiqueta de equipo chamado a competir pola parte nobre. O filial coruñés chega con pleno de vitorias (2/2) e 5 tantos a favor. Son números que falan dun equipo vertical, con ritmo por fóra e moito presenza en área. No eixo ofensivo, Gjegji está a ser a gran ameaza: atacou todos os espazos e asinou os tres tantos no primeiro tempo ante o Burgo.

