Ilusionante, así podemos definir o partido desta xornada (sábado, 19:00h, Monte da Aira) fronte ao CD Bueu.
Cambiamos data e hora a un horario pouco habitual aproveitando a celebración da 1ª Edición do Manolo Carrera Feminino de Fútbol 8 que se vai xogar durante toda a xornada do sábado no Monte da Aira. Posteriormente as nosas sénior xogarán o seu partido de liga correspondente á 5ª xornada.
Chegamos á esta xornada habéndonos enfrontado xa a rivais complicados e con 7 puntos, polo que este partido considerámolo clave para medir o nivel que as nosas poden ofrecer durante esta tempada. “O partido do sábado creo é o partido máis compricado do próximo mes”, sinalou Iván Canal. O técnico contou con toda a plantilla no derradeiro adestramento, salvo Judith, Feijóo, Saray, Aldara Sequeiros, Patricia, Marta, Lucía e Isabel.
O rival
O CD Bueu preséntase no Monte da Aira con 9 puntos despois de vencer a semana pasada ao Gondomar FB por un claro 4-1 e colocarse na 4ª posición na clasificación empatado a puntos co Balaidos e Noalla.
Precedentes
Esta será a terceira ocasión que a EFF Rosalía e o Club Deportivo Bueu se enfrenten, cun balance de de unha victoria para cada equipo e de 7 goles a favor e 7 en contra para os dous, o que presaxia un encontró con moitos goles. Zaira enfrontarase a un dos seus equipos “favoritos”, xa que a tempada pasada marcoulles 5 goles entre os dous partidos, mentres que Yadira e Patricia foron as outras goleadoras.
Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Noa Domínguez, Andrea, Cae e Isis.
Centrocampistas: Alba, Aldarilla, Noa Fírvida, Patricia, Ainara, Sabela, Yadira e Lidia.
Dianteiras: Silvia, Noui e Zaira
Resto da xornada
No resto da xornada o partido máis igualado pode ser o que enfrente ao Pontearnelas fronte o Umia “B”. Por outra banda, San Mateo recibe ao líder Chispa e terá difícil estrear o casilleiro de puntos.
Os horarios da xornada serán os seguintes:
Sábado 19:00h EFF Rosalía vs CD Bueu
O resto dos partidos serán todos na xornada de domingo:
12:00h SD Noalla vs Racing de Vilariño
12:00h SD Puentearnelas vs Umia “B”
16:00h Sp.C. San Mateo vs SD Chispa
18:00h Balaidos CF vs CD Mosteiro
19:45h EDVM Pereiró vs Juv. Cambados
20:00 Gondomar FB vs SCD Ponte Caldelas