EFF Rosalía e University Soccer presentan seu acordo global

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía no seu afán de seguir promovendo valores e dando servizos e oportunidades ás súas xogadoras vén de materializar un acordo coa empresa University Soccer, axencia de bolsas en universidades de Estados Unidos especializada en fútbol.

A sede da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía acolleu o acordo de colaboración global entre a EFF Rosalía e University Soccer. Ao acto acudiron o presidente Mario Gómez; David Rueda, socio fundador de University Soccer; José Vidal, scouting de University Soccer; Alba Rodríguez, directora de fútbol da EFF Rosalía; Isis Sanmartín, da Xunta Directiva; e José A. Vázquez, director de comunicación.

University Soccer foi creada por e para os futbolistas cun reto: darlles a posibilidade de que gocen dunha das mellores experiencias da súa vida no deportivo, o académico e o persoal, grazas a unha bolsa nalgunha das mellores universidades de USA. Para iso, o equipo formado por profesionais no sector, por exemplo Vero Boquete, que traballarán de forma personalizada para situar ás xogadoras que cumpran os requisitos académicos e deportivos, para situalas na Universidade perfecta para o seu perfil. Poñeranas en contacto con adestradores universitarios, axudaranas en todo o proceso administrativo e de preparación. Estando ademais ao seu lado durante toda a etapa universitaria, para que a súa experiencia sexa a mellor posible.

David Rueda, foi o primeiro en tomar a palabra: “Estamos moi contentos polo acordo alcanzado coa EFF Rosalía, un club co que compartimos moitos valores e que demostra unha vez máis o compromiso coas súas xogadoras máis aló dos terreos de xogo. Para nós será un pracer axudar a todas as nenas que o desexen, para que continúen formándose academicamente, xogando ao fútbol no país líder mundial e vivindo fantásticas experiencias persoais que as posicionará da mellor maneira posible no futuro”.

Mario Gómez, pola súa banda incidiu en que: “Desde a creación da nosa escola sempre puxemos especial fincapé en buscar o mellor para nosas xogadoras. Persoalmente para o meu como presidente o maior orgullo sería poder ter a máis dunha xogadora cunha carreira universitaria sacada en Estados Unidos e labrando o seu futuro profesional co fútbol como ferramenta. Ese sería o trofeo máis bonito nas nosas vitrinas”.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content