Tras gañar no Manuel Anxo Cortizo, as azuis estréanse ante a súa afección (12:00 h; domingo).
A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía disputa mañá o seu primeiro partido da tempada no Monte da Aira. As azuis regresan a casa doce meses logo do seu último encontro oficial para enfrontarse ao Monteforte no primeiro “derbi da N-120”, equipo que viu suspendido o seu partido no minuto 9 da primeira xornada da Liga (12:00 h; domingo).
O obxectivo das pontinas é lograr ante o seu público outro triunfo e dar así continuidade ao gran debut que protagonizaron en Lalín. Os antecedentes das de Saa no seu debut oficial no seu estadio non son moi positivos: encadenan 2 tempadas na competición sen coñecer a vitoria (1 empate e 1 derrota).
“Sempre é unha motivación extra poder xogar na túa casa, onde adestras todos os días”, revelou Saa na conferencia de prensa previa ao encontro. Despois do último adestramento, o técnico ten dispoñibles a todas as xogadoras agás as xa coñecidas Silvia e Feijóo, que continuan recuperándose das súas lesións.
O rival
A Asociacion Deportiva e Cultural Monteforte é un clube de recente reaparición, fundado na localidade veciña de Monforte de Lemos despois de cinco anos dende a sua disolución por diversos motivos. Este verán, tres persoas ligadas ao colectivo arbitral decidiron refundar a ADC Monforte, nome co que era coñecido na sua anterior etapa, para pasar a chamarse ADC Monteforte. Mañá, por eses motivos, será o primeiro enfrontamento entre azuis e monfortinas no que denominaremos “o derbi da N-120”, que esperamos se poida desputar durante moitas tempadas en diferentes categorías. Por outra parte, será un partido especial para unha das nosas xogadoras, Isis Sanmartín, que militou unha tempada no rival do domingo “É un partido que me fai ilusión xogar polo rival, ademáis de ver que renace como club, xa que eu estiven no último ano en 2016 que o Monteforte mantiña equipo feminino en 1ª autonómica”, pero máis impaciencia ten a chegada do partido de volta “sobre todo faime máis ilusión cando nos toque ir a Monforte, que seguro que me traerá moitos recordos do meu tempo que estiben no club”, añadiu a defensa.
Acceso público
Devido aos protocolos de aforo limitado en instalacións deportivas, o club habilita unha dirección web na que todos os interesados en asistir deben apuntarse previamente:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfS-C5uo6DJTle1O7eIJzRARdbwq-nlL0CSVFc7LQp7UYK6rA/viewform?usp=sf_link
Convocatoria
Miguel Saa convocou a 16 xogadoras para o partido fronte ao Monteforte, correspondente a 2ª xornada de Liga, que se disputará no Monte da Aira:
Porteira: Rocío.
Defensas: Sabela, Yadira, Sequeiros, Bea, Isis e Noa Domínguez.
Centrocampistas: Marta Besada, Ainara, Noa Fírvida, Aida, Aldarita, Lidia y Alba.
Dianteiras: Zaira e Noui.
Resto da xornada
No resto da xornada destaca a posta en marcha da SG Comercial, que estrea a tempada recibindo ao Lalín no Municipal Rodríguez Lago-1. Partido no que os dos equipos buscarán sumar os seus primeiros puntos e no que houbo reparto nun partido con motivos goles.
Os partidos serán en xornada de sábado e domingo:
Sábado
16:00 SG Comercial 3-3 EF Lalín
Domingo
12:00 EFF Rosalía – ACD Monteforte