As azuis, que encadean dúas derrotas, disputan a 10ª xornada de Liga (10:00h, domingo, Monte da Aira).
A EFF Rosalía Infantil afronta un esixente encontro ante a UD Mos no Monte da Aira na 10ª xornada da liga, primeira da segunda volta (10:00 h, domingo). O obxectivo non será outro que asinar a cuarta vitoria en casa da tempada ante o quinto clasificado da competición. O cadro mosense visita ao filial despois de gañar os seus dous últimos compromisos e tentará adiantar as azuis na clasificación.
O filial afronta un novo compromiso en casa coa mente posta en romper a dinámica de duas derrotas nos derradeiros tres partidos, xa que as azuis encadean dous encontros con victoria dos tres últimos xogados no Monte da Aira.
Alba dixo na previa: “Xogamos contra un gran equipo como o Mos, con dúas xogadoras que destacan no seu plantel, ás cales nos custou moito crearlles perigo no partido de ida xa que expuxeron ben o partido, pechadas en defensa onde non eramos capaces de penetrar. Será un partido moi importante para manternos na cuarta praza e manter as sensacións do partido anterior, onde volvemos despregar o noso xogo”.
“Empezamos a segunda volta coas mesmas ganas, coñecendo xa a todos os equipos e podendo expor os partidos de acordo con iso. Esperamos poder seguir competindo, e mellorando cada fin de semana. O obxectivo primordial desta tempada é crear un esquema de xogo, que o interioricen todas as nenas e seguir crecendo para a tempada que vén”, añadiu a adestradora.
Para a cita contra a UD Mos, Alba convocou a 16 futbolistas.
Convocatoria
Porteira: Valeria.
Defensas: Silvia, Laura Añón, Marta Montes e Lucía Pérez.
Centrocampistas: Cuquejo, Daniela, Lidia, Ester, Candela Bouzas, Cloe e Sheila.
Dianteiras: Claudia Castro, Sara Rodríguez, Nerea e Claudia Pérez.
O rival
A UD Mos visita o Monte da Aira situado na quinta posición, con 16 puntos e un balance de cinco vitorias, un empate e tres derrotas. As xogadoras de Aida Pérez están invictas nos seus últimos tres compromisos no campionato e lonxe do seu campo acumulan duas victorias e dous tropezós, tendo un balance de 12 goles a favor e 17 en contra.