EFF Rosalía-Umia CF: Voltar a senda do triunfo

A EFF Rosalía Infantil viaxa a Barrantes a disputar o seu partido de liga correspondente á cuarta xornada fronte ao Umia CF (Sábado, 12:00, A Bouza).

Unha vez esquecida a derrota contra o Victoria de Coruña as azuis visitan o feudo dun Umia que venderá cara a derrota xa que o punto que leva foi froito do empate que cosechou no seu único partido como local. As xogadoras de Alba Rodríguez están facendo un bo xogo e adaptándose moi ben ao fútbol 11 e queren seguir enganchadas aos postos de cabeza ata a parte final da tempada e non renuncian a nada a pesar da súa xuventude.

O equipo conta coas baixas de Silvia e Sheila pero coa moral intacta a pesar da derrota da semana pasada. Situación que destacou Alba Rodríguez en sala de prensa: “Quedamos moi contentas co partido anterior a pesar do resultado, non nos cremos inferiores a ningún equipo, podemos competir contra todos. Viaxamos a Umia, un equipo que sempre nos deu moito problemas, levámonos moi ben con elas pero imos con ganas de competir e conseguir un resultado positivo e seguir mellorando”. Alba convocou a 15 xogadoras para o encontro de mañá.

CONVOCATORIA:
Porteira: Valeria
Defensas: Laura Añón, Marta Montes e Lucía Pérez.
Centrocampistas: Cuquejo, Lidia, Ester, Cloe, Nair, Daniela e Candela Bouzas.
Dianteiras: Sara Rodríguez, Claudia Castro, Claudia Pérez e Nerea.

rival
O Umia CF empezou de maneira irregular a competición, con balance de duas derrotas e un empate, o que as coloca oitavas na clasificación. Por otra parte estalles costando meter goles.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Skip to content