ELISABETH MONTES, NOVO REFORZO PARA O EQUIPO SENIOR

Elisabeth Montes, porteira de 24 anos convértese na derradeira incorporación do noso equipo senior e ao igual que anterior incorporación, Isabel Rejo, comeza a sua primeira experiencia como xogadora de fútbol once.

Eli, como se lle conoce no mundillo deportivo, comezou como xogadora de fútbol sala no Ramirás FS Feminino para logro incorporarse á canteira do Ourense Envialia FSF da nosa capital.

“animoume o feito de experimentar un cambio sendo o mesmo deporte e o que me gusta e pareceume un proxecto interesante ademais de que vin que os responsables eran xente seria”, expresou como nova xogadora da EFF Rosalía.

Eli, que xa leva adestrando co equipo máis de un mes, ainda que tivo que parar unos días por unha inoportuna lesión, aproveitou nas suas primeiras palabras como xogadora nosa para destacar que “O clube paréceme un espectáculo, tanto no feito no que tratan ás xogadoras como na forma de facer as cousas. Temos dous adestradores que teñen unha formación incríble e se implican na causa, teñen paciencia á hora de ensinar xa que moitas de nós vimos de fútbol sala e son moi cercanos”.

Ao igual que algunha das suas novas compañeiras, que tamén chegaron do fútbol sala “estame costando á hora de xogar porque cambia moito do fútbol sala pero a verdade que me sinto moi a gusto acá”.

Eli, levará o dorsal 23 e ainda non puido debutar en competición oficial.

Benvida. 

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content