Site icon E.F.F. Rosalia

Empate de alternativas en Oira para seguir na pelexa

Noui adiantou ás pontinas e Emma Akimana igualou de inmediato nun duelo moi igualado ante o Vitoria FC ‘B’.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía volveu puntuar en Oira tras empatar (1-1) fronte ao Vitoria CF ‘B’ nun encontro de máxima igualdade. O conxunto pontino logrou o seu primeiro punto da segunda volta e, ademais, rompeu a dinámica de tres derrotas consecutivas, nun choque esixente ante un rival que reforzou a súa convocatoria con dúas xogadoras habituais do equipo de 3ª Federación e competiu de ti a ti desde o inicio. O partido confirmou os prognósticos, moito igualdade, defensas firmes e poucas ocasións realmente claras, aínda que con dous goles en apenas dous minutos na primeira metade.

Dous golpes en dous minutos
O primeiro tempo foi parello, con ataques capaces de superar liñas pero sen converter esas chegadas en situacións limpas de remate. Aínda así, o marcador moveuse antes da media hora. No minuto 22’, tras unha recuperación e segunda xogada, Antía Rodríguez detectou o desmarque de Noui na frontal e a dianteira resolveu o man a man para o 1-0. A resposta visitante foi inmediata. Dous minutos despois, unha acción polo costado esquerdo acabou en asistencia de Ana al desmarque de Emma Akimana, que non perdoou para poñer o 1-1 no luminoso. Antes do descanso, o conjunto ponitno tivo a máis clara para volver poñerse por diante nun erro no pase de Xiana que permitiu a Noui plantarse preto da área e o seu disparo estrelouse no pau (minuto 33’). Antía volveu tentalo desde a frontal pouco despois, sen atopar portería.

“Esperaba un partido igualado e foino. Elas competiron moi ben e esixíronnos en cada duelo”, Alberto Tamayo.

Tras o paso por vestiarios, o conxunto de Francisco Javier axustou o seu plan, esperar en bloque medio, roubar e lanzar transicións rápidas buscando as costas da liña defensiva local. As de Alberto Tamayo responderon con concentración e velocidade ao corte, e co paso dos minutos consiguiron impoñerse territorialmente, atopando máis continuidade en campo rival. As ocasións chegaron por ambos os lados: aviso visitante cun disparo desde a frontal de Alba que obrigou a intervir a Karla (minuto 51’) e, acto seguido, réplica inmediata cun man a man de Noui que marchou desviado. Rosalía acumulou aproximacións con combinacións por esquerda, disparos afastados de Bouzas (minutos 69′ e 81′), Nair (74′) e Noui (61′) e chegadas a zona de remate, ata rozar a vitoria no tramo final.

O desenlace puido ser diferente a oito minutos do noveta. Centro desde a esquerda de Losada e cabezazo de Aldarita no segundo pau que saíu rozando o poste. Foi a última gran opción dun partido que mantivo a tensión ata o asubío final e que deixa ao noso equipo coa sensación de empuxar máis no segundo acto, pero sen premio definitivo.

“Imos cun punto que sabe a pouco por como acabou a segunda parte, pero tamén coa lectura de que seguimos sumando e crecendo.”, explico o técnico ao termino do encontro. “O empate chegou moi rápido, aí faltounos xestionar mellor eses minutos.”, engadiu.

Exit mobile version