A EFF Rosalía iguala fronte o Umia B nun encontró moi reñido nun bo ambiente no Monte da Aira.
A EFF Rosalía empata contra o Umia B nun encontro moi igualado que se decidiu cos goles de Zaira e Ana Martínez.
As azuis tiveron máis ocasións pero nun puideron plasmar seu dominio no marcador. Nos primeiros minutos o control foi das locais, as visitantes buscaban balóns á espalda de Cae e Isis, nun deses balóns meteron o susto no corpo ao Rosalía, Alba Juncal (15’) plántase man a man con Rocio que salva o primeiro.
Cambio de sistema
Canal vendo que o dominio non se plasmaba en ocasións máis claras cambia de sistema, pasa do 4-2-3-1 de saída a un 4-4-2 para buscar mais profundidade no ataque.
A presión das Rosalías facía moito dano no Umia, que apenas podía combinar e sair da sua zona do campo. Sobrepasado o 19 chegou a primeiro ocasión local. Zaira dispara dende a frontal e Alba Romero, nunha moi boa estirada, despexa a corner.
Máis ocasións
O Umia seguía ben plantado pero non atopaba a forma de contrarrestar a presión do Rosalía. As pupilas de IvánCanal insistían pola ezquerda coas internadas de Feijóo e Andrea pero o maior perigo chegaba nas botas de Zaira ou en xogadas de balón parado.
Zaira adianta as azuis
Na última xogada da primeira metade a indecisión na defensa do Umia provoca o gol de Zaira. No 44’ caelle o balón a tres metros da porta e non perdoa ante Alba Romero. Gol psicolóxico xusto antes do descanso e quinta xornada consecutiva que a dianteira ve porta.
Segunda metade
Empezan os cambios, Ainara da entrada a Noa Domínguez para apuntalar o lateral dereito, pasando Yadira ao interior. O dominio segue sendo das ourensanas pero a oportunidade máis clara chega nas botas de Vero Campaña (55’).
Marga colle as rendas do encontro
No minuto 50 Marga Pombo entra ao campo e cambia por completo o partido. A xogadora do Umia “A” faise co control do centro do campo e empezan os problemas para a liña defensiva da EFF Rosalía. Saen Feijóo, Aldarita e Sabela para dar entrada a Fírvida, Silvia e Sequeiros pero non cambia nada, o dominio segue sendo das vikingas. As azuis entran en minutos de sufrir sen balón e Vero, sen moita sorte cara a portería de Rocío, facía que o marcador non se movese.
Dominio con recompensa
Ana Martínez (79’) pilla un balón no borde do área local e de forte disparo soprende a Rocío, que nada pode facer para que o empate non suba ao marcador. Desta maneira o Umia recibe a recompensa ao dominio que estaba tendo nos segundos 45 minutos.
Bo partido das nosas e partidazo o vivido outro domingo máis no Monte da Aira, sendo o segundo empate da Rosalía na competición que rompe a racha de 5 victorias consecutivas antes do parón desta fin de semana por motivo de xogar contra o Xuvenil de Ponteareas, clube que non comezou a competición.
Estadísticas do encontro