Tremendo traballo e tremenda imaxe de compromiso pola nosa camiseta a que demostrou o noso senior o pasado domingo sobre o verde do Penedo da Moa de Matamá.
O Atlántida Matamá “B” é un equipo de tremenda calidade técnica e unha proposta de fútbol moi vistosa e combinativa. Dende o primeiro minuto demostrou que se quería facer dona do balón cun medio do campo moi poblado e tres defensas tratando de sacar o balón combinado dende atrás.
As nosas cambiaron a súa disposición para este encontro, xogando con dúas dianteiras para entorpecer a saida combinada dende atrás do seu rival, o plan saiu á perfección xa que tapando correctamente a saida organizada do balón e cun traballo físico e de organización brutal para tapar pasillos interiores e bascular de banda a banda, as nosas deixaron as ocasións das locais en meras anécdotas.
As nosas á hora de roubar buscaban transicións rápidas para pillar o seu rival desorganizado e no minuto 8 Ainara atopouse ca ocasión máis clara nas súas botas e o seu disparo o desviou a porteira local a córner nunha meritoria intervención.
No minuto 11 da primeira parte un penalti máis que dudoso sinalado pola colexiada do encontro a favor das locais supuña a mellor ocasión delas en toda a primeira parte. A xustiza do fútbol fixo que a xogadora local o tirara fora, xa que o penalti era na nosa visión a todas luces inexistente.
A partir desta acción xogo moi trabado no medio do campo en donde as nosas duas dianteiras Patricia e Zaira e as nosas medio centros Aldarita e Ainara, tiveron un traballo brutal tratando de tapar o xogo combinativo local e tratando de sacar contras con Yadira e Sabela que se atopaban moi retrasadas debido as súas labores de tapar as xogadoras de banda rivais.
Na segunda parte máis do mesmo, traballo e máis traballo das xogadoras do Rosalía que só sufriron nos quince últimos minutos do encontro máis que por fútbol polo empuxe das rivais que se atopaban desquiciadas o non conseguir inquietar a meta de Rocío.
Un cero a cero final que é un resultado xusto e un premio para as nosas senior que seguen invictas nesta segunda volta con números de moito mérito ante os difíciles encontros que lles quedan por disputar.
O domingo que ven as nosas senior reciben no Monte da Aira a partir das 12:00 as segundas clasificadas do Rápido Pereiró nun partido que será unha moi boa proba para comprobar a evolución do noso equipo do que nos sentimos orgullosísimos do traballo que está a realizar, superando todas as nosas espectativas…
Grandes Rosalías!!!