Este partido vai marcar se imos a estar arriba ou non

“Este vai a ser o partido máis complicado para nós ata Nadal porque vai a marcar se imos a estar arriba, entre os cinco primeiros ou non”, afirmou o técnico.

Iván Canal atendeu aos medios de comunicación na previa da novena xornada de competición que enfrentará a EFF Rosalía fronte ao Umia CF “B” na mañá do domingo no Monte da Aira. O técnico dixo: “O Umia creo que está entre os tres ou catro mellores equipos desta categoría e vai a ser un partido clave e considero que vai a ser o partido máis complicado ata o nadal porque vai a marcar se imos a estar arriba entre os cinco primeiros ou non, xa que estamos ahí todos pegados”.

“É un partido clave que nos vaia enfrentar a un dos mellores equipos da categoría despois do Chispa e o Pereiró ”.

Rival enganoso
“Un equipo que como é filial do Umia de nacional sempre pode baixar a algunha xogadora e dar a sorpresa contra calqueira equipo. Xa é un rival complicado, un rival que sempre está nos postos de arriba e máis este ano, que ten un equipo en nacional e pode dar a sorpresa con calqueira tipo de xogadora que baixe do primer equipo”.

Noui
“Expulsárona o outro día por unha acción dudosa, a rapaza estaba nerviosa pero eso non xustifica o que fixo, é unha xogadora moi xoven e acabou expulsada. Caeronlle cinco partidos e Noui é unha xogadora moi importante para nós, é unha das mellores xogadoras da plantilla, ademáis pode xogar en varias posición, ten gol, regate, desborde. Será unha baixa importante e temos que mirar como suplimos esa carencia arriba ainda que temos xogadoras que nos poden aportar prácticamente o mesmo pero será unha baixa importante”.

Sudoku defensivo
“Esta semana consideramos que as rapazas que estaban de baixa vanse recuperar algunas. A ver se podemos contar con Feijóo, Isis, Cae e así suplimos a baixa de Noa con algunha delas arriba. A ver se podemos facer un cambio de esos e non se nota moito a ausencia de Noui”.

Polémica co Vilariño
“Son unha persoa que son o mesmo adestrador que a mesma persoa que son. Son unha persoa moi clara, moi sincera e intento sempre respectar aos demáis, a veces se consegue e outras non pero quen se de por aludido é seu problema. Eu ao partido fun co mesmo, respetar aos rivais, xogar limpo e nada máis. Os demáis o que fagan, a verdade, dame igual porque cada un ten os seus valores e eu teño uns valores que intento recalcalos nas rapazas e por esos valores morro. Teño moi claro cómo quero que xoguen as miñas rapazas e como quero que afronten os partidos e cada un é libre de facer o que queira. Eu non comparto facer dano aos demáis, que non digo que esa fose a sua intención pero non comparto que vaian con intención de facer dano a ninguna rival, nin meterlle presión as rapazas para que xoguen sucio nin nada polo estilo e menos tampouco quero marcar a unha xogadora de maneira individual en todo o partido porque, primeiro, a rapaza non vai aprender nada, segundo, non creo que se divirta e terceiro, elas fixérono e perderon o partido o séa que non supuxo moito ao seu favor”

Xornada de descanso
“Nós temos que intentar, primeiro xogar ben, se xogas ben é máis sinxelo gañar e segundo, temos que competir e para competir, intentar gañar. É un partido  moi importante porque se perdemos son tres puntos que se escapan e logo descansamos, son seis puntos xa. Non podemos descolgarnos dos postos de arriba, temos que ir ao partido con todas as gañas e toda a intensidade para poder conseguir os tres puntos e se os conseguimos imos a estar arriba entre os cinco primeiros ata nadal seguramente. Se perdemos non creo que estemos entre os cinco primeiros porque logo xogamos contra 4 ou 5 equipos que están na metade da táboa e todos teñen 15 puntos e algún cun partido menos e vai a estar moi compricado porque perdes un partido e méteste xa abaixo, entón hai que ir a polo partido a gañar”

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content