Ester Méndez nova dianteira para o noso infantil

Incorpórase dende A Purísima, onde xogaba nun equipo mixto.

Na EFF Rosalía seguimos a incorporar novas xogadoras. 

Facemos oficial a chegada ao equipo infantil dunha nova dianteira. Ester Méndez, de once anos, di chegar a nosa entidade “feliz por poder xogar no clube de referencia no fútbol feminino en Ourense. Estas últimas temporadas xogaba ao fútbol nun equipo onde eu era a única nena.”. 

Ester asina a inscripción na nosa escola acompañada polo presidente Mario Gómez

Lembra a sua andaina no clube da CD A Purísima de Ourense como “moi especial. Tratáronme sempre moi ben. Ademáis de fútbol practicaba tamén atletismo, deportes que compaxinei a tempada pasada.” 

Ester defínese como “unha futbolista de ataque, rápida de toque fácil e cun forte disparo. Gústame xogar en ataque e tamén de medio centro pero adaptareime sen problemas ao lugar que se me encomende”. Está desexando incorporarse aos adestramentos para poder coñecer a todas as súas novas compañeiras.

 Dende o clube, Alba Rodríguez destaca que Ester é una xogadora “con moitas cualidades físicas, gran velocidade e bo manexo do balón”. Por outra parte será un reforzó que nos dará un plus na zona de ataque ao contar Ester “cunha gran pegada nos metros finais pero sen descuidar as tarefas defensivas”.

Na Escuela de Fútbol Feminino Rosalía seguimos a completar o plantel de xogadoras de categoría infantil con mozas que se incorporan a nosa disciplina onde pretendemos fortalecer o compañerismo entre as xogadoras, facer grupo ao tempo que tratamos de dar a oportunidade ás rapazas para que disfruten  coa súa paixón de xogar ao futbol.

Benvida Ester!!.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content