Site icon E.F.F. Rosalia

Estrea soñada das azuis en 1ª División Galega

A EFF Rosalía remonta e vence con autoridade ao Atlético Vilalonga “B” con goles de Bouzas (2), Aldarita e Candela.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía arrincou con paso firme a súa andaina na 1ª División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP. No debut das pontinas na categoría, as xogadoras de Alberto Tamayo asinaron unha remontada brillante fronte ao Atlético Vilalonga “B” e regalaron á afección un triunfo convincente por 4-1.

O partido non comezou da mellor maneira para as locais, que se viron sorprendidas na primeira chegada visitante. No minuto 1, un centro desde o sector dereito de Candela Maciel rematouno, ao primeiro toque, Laura Iglesias para adiantar ao Vilalonga. Pero lonxe de virse abaixo, as azuis reaccionaron con madurez e carácter. A resposta foi inmediata: no 13’, tras unha xogada combinativa por banda dereita, Bouzas cazou un rexeite dentro da área e empatou cun disparo cruzado. Apenas catro minutos despois, Aldarita culminou a remontada cun impecable cabezazo á saída dun córner executado por Bouzas (2-1). Antes do descanso, unha par cada equipo e memos resultado. Noa e Miriam atopáronse co pai non chut cruzado e un libre directo, respectivamente.

Na segunda parte, as pontinas mantiveron a iniciativa e o dominio do xogo. Tras varias ocasións, o terceiro tanto chegou no minuto 76: Bouzas, protagonista do encontro, marcou de falta directa forzada por Zaira cun potente chut imposible para Sarai. O definitivo 4-1 asinouno Candela no 82’, tras unha presión alta de Sampayo que deixou o balón franco na frontal para que a atacante a enviase á escuadra.
O Vilalonga buscou recortar distancias nos últimos minutos, pero atopouse coa seguridade de Karla baixo paus nun remate de Aroa e a solidez defensiva azul.

Ao remate do partido, o técnico pontino mostrouse orgulloso: “Moi contento, moi orgulloso das miñas xogadoras. Todo o sacrificio de pretemporada está a dar os seus froitos. Hoxe estivemos moi notables en todas as facetas do xogo e isto acaba de empezar. O máis positivo foi a capacidade do equipo para reaccionar tras encaixar tan pronto. Outros anos penalizaríanos, pero hoxe resolvémolo con madurez e confianza”.

FICHA TÉCNICA:
4-EFF Rosalía: Karla, Nair (Zaira, 68′), Lú, Aldarita, Noa, Sara (Candela, 77′), Sampayo, Mihret, Añón (Aline, 68′), Sabela (Antía, 68′) e Bouzas.
1-Villalonga B: Sarai, Laura (Antía Pazos, 80′), Nerea (Carmen, 46′), Sabela Prado, Tamara, Carla (Claudia, 68′), Emma, Aroa, Xainza (Aldara, 68′), Candela Maciel e Miriam (Claudia, 83′).

Goles:
0-1 (min. 1): Laura Iglesias
1-1 (min. 14): Bouzas
2-1 (min. 17): Aldarita
3-1 (min. 75): Bouzas
4-1 (min. 81): Candela

Tarxetas:
Amarilla (min. 37): Alberto Tamayo
Amarilla (min. 54): Carla

Exit mobile version