Estreo en casa ante o líder

O Infantil xoga este domingo (11:15 horas) no Monte da Aira, no encontro correspondente á segunda xornada do campionato.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía recibe este domingo (11:15 horas) ao Umia no Monte da Aira, no encontro correspondente á segunda xornada do campionato liguero. O noso equipo arrincou a tempada perdendo pola mínima no Manuel Jiménez Ábalo de Vilagarcía ante o Atlético Arousana (4-3). Victoria O Failai, cun triplete, foi a goleadora no estreo ligueiro do equipo.

Pola súa banda, o Umia CF chega ao encontro tras lograr a maior goleada na primeira xornada (9-1) fronte ao CD Valladares. O cadro viquingo estréase a domicilio colocado no máis alto da táboa clasificatoria e postulándose como un dos favoritos.

A tempada pasada, Umia e Rosalía non coincidiron no mesmo grupo competicional nin nas eliminatorias polo título. Nas cales o club da Comarca de Barrantes quedou eliminado en semifinais ante o campión, que á súa vez gañou a final ao noso equipo.

A Escuela de Fútbol Feminina Rosalía voltará, en competición oficial, ao Monte da Aira despois de 133 días dende o seu último partido, as semifinais da liga pasada fronte ao Victoria CF. Diego Castro ve ao equipo “Con ganas de demostrar despois do inxusto resultado do fin de semana pasado, onde a nosa superioridade non se plasmou no resultado”.

“Será difícil pero faremos todo o posible”

Diego Castro, adestrador EFF Rosalía Infantil

“Intentaremos sumar os tres puntos contra un rival que gañou con suficiencia a primeira xornada. Será difícil pero faremos todo o posible”, indicou o técnico na previa ao partido do domingo. Con respecto ao rival, non hai dúbidas “Sen dúbida será un dos que estarán arriba, pero si nós queremos estar arribar tamén temos que xogar de ti a ti ante todos os rivais”.

O técnico ourensano citou a 16 futbolistas para o debut ante o Umia no Monte da Aira, nunha convocatoria na que saen varias xogadoras por rotación:

Porteira: Aldara.
Defensas: Lucía Novoa, Miriam, Aline e Ainara.
Centrocampistas: Xiana Carballo, Nair, Sara, Leire, Sofía e Alma.
Dianteiras: Victoria, Candela Sanmiguel, Antía, Candela Losada e Irene.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content