Fin de semana da canteira

Bonito sábado o que viviron as nosas promesas. Pola mañá as máis peques da febre azul, xunto cas xogadoras desconvocadas para ir a Mos, enfrontáronse ao prebenxamín da AD Bosco, nun amigable onde as máis “veteranas” responderon de forma positiva demostrando que van polo bo camiño e as máis pequenas demostraron unha evolución moi grande. Destacar o debut da nosa “biberón” Sofía que deixouse a pel no partido. Tanto Feijoo como Miguel Saa mostráronse moi ledos do bo camiño que vai collendo as pequenas do clube e ambos están convencidos de que o salto de calidade inda está por chegar.

As máis pequenas xogaron un amigable co Bosco.

Pola tarde as promesas “máis veteranas” desprazáronse ás Baloutas para enfrontarse á UD Mos, o equipo a bater no grupo sur. As nosas despois dun moi bo partido conqueriron un empate con sabor a victoria, a pesar de que á UD Mos empatara na derradeira xogada do partido.

As rapazas de Feijoo sabían de que as Baloutas é o campo máis compricado da primeira fase e a adestradora rematou moi orgullosa da loita ata o final das súas xogadoras. Comezaron as xogadoras azuis moi enchufadas no partido, sabendo de que só tiñan algo que gañar nese partido, co cal a fluidez no xogo foi efecto da pouca presión.

O partido convertiuse nun toma e daca, marcaban as azuis e pronto a UD Mos conseguía equilibrar o resultado, así ata a derradeira xogada do encontro. Sen dúbida un encontro moi bonito e dos que fan afección, ideal para o público asistente nas Baloutas.

Especial mención para o xogo digno e a deportividade das nosas rivais. Foi de destacar a deportividade mostrada ao rematar o partido tras empatar a UD Mos na derradeira xogada de estratexia, ver como ambos equipos se animaban e se emprazaban para o seguinte encontro.

Feijoo, adestradora azul, mostrouse moi orgullosa e satisfeita do partido feita polas súas pequenas “para min significou moito velas reventadas e esgotadas ao final do encontro, incluso chorando porque pensaban que me fallaran… o único que conseguiron foime sentir moi orgullosas das miñas nenas e do seu amor por este bonito deporte chamado fútbol”.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content