Site icon E.F.F. Rosalia

Fin de semana da canteira

Os dous equipos Promesas xogan a domicilio a mañá do sábado. 

Novo fin de semana de compromisos oficiais para os dous equipos da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía en LigaPromesas Galega Feminina. Na cuarta xornada de competición, ambos equipos disputan os seus partido a domicilio na mañá do sábado 13.

Promesas ‘A’
As xogadoras de María Feijóo volven á competición despois do parón pola xornada de descanso. Viaxan a Tomiño para enfrontarse ao Tomiño FCF en O Alivio (sábado, 12:00horas). Un rival que aínda non estreou o casilleiro nas tres xornadas disputadas. O encontró estará dirixido pola colexiada Leila Alonso Paz.

Promesas ‘B’
Pola sua banda, o Promesas ‘B’ desprazarase a Barrantes fronte ao cuarto clasificado, un Umia CF que non puntuou na casa. No único partido disputado na Bouza caeron derrotadas fronte ao Atlético Arousana pola mínima (1-2). O partido comezará ás 12:00 horas e estará dirixido polo árbitro Miguel Carreira Lorenzo.

Exit mobile version