Fin de semana da canteira

Vitoria do Promesas ‘A’ e derrota do Promesas ‘B’.

Novo fin de semana de compromisos oficiais para todos os equipos da Liga Galega Promesas Feminina da Escuela Fútbol Femenina Rosalía. O Promesas ‘A’ venceu ao Tomiño en o Alivio na cuarta xornada de Liga. Derrota do Promesas ‘B’ na súa visita a Barrantes.

Tomiño FCF – EFF Rosalía ‘A’
Saía cas ideas claras o equipo dirixido por María Feijóo conseguindo abrir o marcador na primeira xogada do partido por medio de Lea. Poucos minutos despois, nunha xogada na que o balón quédase morto Lea consegue facer o segundo. O control do partido estaba en mans das azuis, que intentaban xogar creando perigo. Unha pérdida na defensa rival propicia o terceiro de Lea. Co resultado a favor e una diferencia notable no campo, Feijóo decide que seu equipo espere atrás e así dedicar xogar ao equipo contrario. A partir dese momento, o equipo aproveitou para probar novas cousas como que as xogadoras se adaptasen a outras posicións. O cuarto chegou despois dan roubo de Sabela, asiste a Carla que non falla na definición. Na segunda metade o Tomiño, tras una boa xogada, marca o 1-4, resultado final do partido.

Convocatoria Promesas ‘B’ en Barrantes.

Umia CF – EFF Rosalía ‘B’
Umia saíu moi motivado e cunha boa presión arriba. Adiantáronse as ‘viquingas’ tras un mal pase en centro do campo, rouban o balón e plántanse diante de Paula marcando o primeiro gol. Minutos despois, dúas xogadas a balón parado propiciaron outros dous goles antes do descanso. Na segunda parte, o equipo entrou con moitísimas ganas creando perigo en área real. Dous goles puxeron tensión no partido pero en dous contragolpes as locais sentenciaron o encontro. Para Javier Alonso o “partido decantouse por erros nosos e por físico rival. Mantivemos unha orde no campo do que estou moi contento. Pese a encaixar varios goles non agachamos a cabeza e seguimos competindo”.

Check Also

A nova categoría xa ten plan competicional

Os equipos da Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa coñecen o seu primeiro rival, así …

Skip to content