Site icon E.F.F. Rosalia

Fin de semana das Promesas

Derrotas dos dous equipos na súa volta ao Municipal de Oira.

Novo fin de semana de compromisos oficiais para os equipos da Liga Galega Promesas. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía ‘A’ non puido co líder Mos, mentres que o Promesas ‘B’ caeu derrotado fronte ao Juventud de Cambados.

EFF Rosalía ‘A’-UD Mos
O equipo sabía que xogar contra o líder lle iba obligar a dar tres pasos de golpe polo seu ritmo de xogo e as xogadoras de María Feijóo o conseguiron durante bastantes minutos, principalmente nos primeiros compases da primeira metade e ao final. O mellor acerto do Mos sentenciou un partido que estivo mais igualado do que o marcador sinalou. Para María Feijóo “o resultado tiña que ser moito mais axustado, tivenos varias oportunidades claras que o valon non quixo entrar e creo que se en unha desas entrase, cambiaria por completo o resultado”.

EFF Rosalía ‘B’-Juventud de Cambados
Comezou o partido igualado por parte dos dous equipos pero dúas xogadas rápidas por banda das cambadesas adiantáronse con dous goles no marcador. A partir dese momento, o partido parecía roto, con ocasións para ambos equipos pero foron nuevamente as visitantes as que se adiantaron tras unha mala saída de balón. A segunda parte empezou con varias ocasiónes para as xogadoras e Javier Alonso pero nuevamente foron as rivais as que marcarían. O partido partiuse con ocasións para ambos equipos, as máis claras para un Rosalía que mellorou no seu colocación táctica no campo, conseguindo un gol. O técnico analizaba así o partido: “Na primeira parte a actitude nosa foi nula e o rival saíu a lume de biqueira. Tralo descanso a actitude mellorou muchísimo e non deron un balón por perdido”.

Exit mobile version