Fin de semana dos equipos Promesas

Derrotas dos equipos ‘Azul’ e ‘Amarelo’.

Fin de semana de compromisos oficiais para todos os equipos da canteira. Derrotas dos equipos Azul e Amarelo.

Valladares-Promesas ‘Azul’
O noso equipo non puido sumar a segunda vitoria na competición ao perder contra un Valladares que asinou unha actuación sobresaliente ao vencer á Escola de Fútbol Feminina Rosalía ‘Azul’ durante o encontro disputado no campo da Gándara-Valladares. Tras o partido, CD Valladares é segundo, mentres que as pontinas permanecen na cuarta praza clasificatoria.

SpC San Mateo-Promesas ‘Amarelo’
As de Manu e Carlos tiveron en fronte a un San Mateo superior que levou o tres puntos en casa. As locais chegaron ao encontro cos ánimos reforzados tras lograr a vitoria na xornada anterior. Con este resultado, a EFF Rosalía ‘Amarelo’ é quinto, mentres que San Mateo é terceiro.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content