Fin de semana dos equipos Promesas

Logo de disputar o derbi adiado, os dous equipos de Liga Promesas volven á competición no primeiro fin de semana de compromisos do 2022.

Primeiro fin de semana do 2022 de compromisos oficiais para os dous equipos da canteira da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía na súa volta ao Municipal de Oira. Na matinal do domingo recibiron a visita de Atlético Arousana e Tomiño FCF.

As integrantes do Promesas ‘A’ posan co calendario oficial antes do partido.

Promesas ‘A’-Atlético Arousana
Presentábanse as Arousanas en cadro ao partido, con tan só as 8 xogadoras de campo, o que non lles impediu sumar un triunfo co que poñen tres puntos de distancia entre ambos equipos. Logo de conseguir a vitoria no derbi, as azuis presentaban unha racha de 5 partidos sen coñecer a derrota pero non o demostraron no campo en ningún momento do partido. As de María Coba non deron opción en ningún momento do encontro sumando a súa sétima vitoria da tempada.

Promesas ‘B’-Tomiño FCF
O primeiro partido no Municipal de Oira empezou cunha mala actitude das locais, algo normal logo dun parón de Nadal, pero que foi un lastre durante os 50 minutos. O partido empezou mal tras pitarnos un penalti en contra que parou Paula, isto subiu o ánimo a todos e todas despois o partido volveuse monótono polos dous equipos pero o rival levouse os tres puntos en dúas xogadas illadas. Os dous goles non evitaron que as de Javier Alonso chegasen moito a área rival pero con mala punteria cara a portería.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content