Fin de semana Liga Promesas

As Promesas ‘Azul’ recibía ao líder en Oira, mentres que as Promesas ‘Amarelo’ viaxou a Tomiño.

Os nosos representantes na liga Promesas tiveron senllos partidos esta fin de semana. As pupilas de Feijóo e Javi recibiron ao líder no Municipal de Oira, mentres as suas compañeiras desprazáronse a Tomiño.

Bo traballo do Promesas ‘Amarelo’ en Tomiño.

Tomiño FCF-EFF Rosalía ‘Amarelo’
Comezou o encontro cun ritmo lento de partido, tanteandose ambos os rivais. A partir do minuto 10 aumentou a velocidade de balón e a intensidade no choque. Notouse certa superioridade das nosas xerando varias ocasións en área rival que non soubemos aproveitar. A segunda parte empezou co mesmo ritmo e nunha xogada illada, as moenses conseguen adiantarse no marcador. O gol non afectou ás nosas e aos poucos minutos, tras unha boa contra, as azuis logran o empate.
O técnico destacou ao termo “o ritmo de balón que plasmaron no campo as nenas, así como a intensidade no choque”.

EFF Rosalía ‘Azul’-UD Mos
Demasiado rival o que tiveron en fronte as pupilas de Feijóo e Javi. O líder do grupo D logrou a súa segunda vitoria para seguir no alto da clasificación.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content