Site icon E.F.F. Rosalia

Homenaxeamos á poetisa que nos dá nome

Un ano máis, con motivo do día que se celebra o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o club realiza unha actividade para homenaxear á poetisa que nos dá nome.

peRE Tobaruela firmou os exemplares entregados ás nenas.

Despois do primeiro acto realizado o pasado fin de semana, regalando flores e poesías de Rosalía de Castro, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía coa colaboración da concellería de Igualdade do Concello de Ourense, realizou un acto de homenaxe á poetisa que dá nome ao club. Devandito acto tivo lugar nas instalacións deportivas do Colexio Plurilingüe María Auxiliadora Salesianos de Ourense e contou coa presenza da concelleira de igualdade Eugenia López Abella, o director do centro, Lupicinio Pena e o escritor catalán Pere Tobaruela, autor do libro Formig4s: Misión Rosalía da Editorial Xerais.

As protagonistas foron as xogadoras integrantes dos dous equipos Promesas. As cales recibiron un exemplar do mencionado libro e unha charla por parte do autor explicando quen era Rosalía e que aventuras poderían ler no libro. Pere Tobaruela mostrouse encantado coa iniciativa e non dubidou en participar: “para min o fútbol feminino e a literatura son dúas das miñas paixóns e foi toda unha honra contribuír e participar nun acto deste tipo cunha das miñas novelas. Como lle dixen ás xogadoras: se hoxe Rosalía vivise, seguro que apoiaría o fútbol feminino”. Tampouco deixou pasar a oportunidade para agradecer que fagamos este tipo de actividades malia ser un club deportivo: “O acto de hoxe é unha mostra máis da amplitude de mirada da EFF Rosalía, un proxecto de fútbol feminino que pon en primeiro lugar ás xogadoras, formándoas tanto a nivel futbolístico como tamén cultural. Mesturar literatura, léase cultura, con fútbol é unha fórmula pouco habitual, como tamén é pouco habitual atopar clubs de fútbol exclusivamente femininos que, por riba, traten dunha maneira tan exquisita ás súas xogadoras, ofrecéndolles unha formación desde os inicios ata a fase de competición”.

Dende a concelleira de Igualdade, Eugenia López tamén se mostrou moi feliz e non dubidou en ningún momento en colaborar coa adquisición dos exempleras repartidos e, por suposto, asistir in situ na tarde de onte.

Exit mobile version