Ilusión intacta para competir ante un duro rival

O cadete viaxa á Lanzada para enfrontarse ás Viaxes InterRías na terceira xornada de liga.

Un bo rival. A Escola de Fútbol Feminina Rosalía enfróntase este sábado ás Viaxes InterRías F.F. a partir das 12:30 horas no Municipal de Noalla nas instalacións deportivas da Lanzada. As azuis chegan a este partido tras perder 8-0 na Bouza ante Umia C.F., o líder da liga Galega Cadete. A ilusión está intacta, igual que as ganas de competir. Son tres puntos máis que importantes que, de gañalos, farán que o Cadete empece a crer un pouco máis en si mesmo.

En fronte, InterRías chega tras vencer o seu primeiro partido do campionato. Na xornada anterior de liga, caeron 1-3 ante Umia en casa.

Alberto Tamayo contará coa recuperación de Xiana que a xornada pasada foi cambio obrigado debido a enfermidade. Xunto á centrocampista estarán na convocatoria: Lucilú, Aldara, Alma, Noa, Lucía Novoa, Aitana, Torres, Caride, Antía, Cougil, Irene, Sanmiguel, Candelita, Blanca e Clau.

O duelo estará dirixido por Diego Tajes Abogal.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content