Jonny: “Na 2ª metade a intensidade e ganas foron pésimas”

Toca semana para corrixir moitos aspectos“, declarou o técnico.

Jonny Otero compareceu ante os medios de comunicación en roda de prensa telemática trala vitoria da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía fronte a Valladares: “Empezamos ben, adiantámosnos rápido no marcador e aumentamos a diferenza fácilmente, pero só xogouse a primeira parte”.

“A segunda baixou o ritmo e desconectamos do partido, non se xogou a nada e encaixamos o gol”.

Partido roto moi pronto
“O primeiro gol chegou moi pronto e iso foi unha inyección de moral para o equipo que foi máis arriba para conseguir deseguido o seguinte gol e sentenciar o encontro”.

Diferenza entre cada tempo
“Ambas partes pareceron partidos totalmente distintos. Na primeira a intensidade do equipo foi moi alta e as nosas querían levar o peso e o tempo do partido con boas combinacións no medio campo. Na segunda, polo contrario, a intensidade e ganas do partido foron pésimas, o que nos penalizou moitísimo xa que o Valladares veuse máis arriba gañando confianza, o que lles valeu para marcar o seu gol”

“Esta vitoria era importantísima para gañar moral”

Jonny Otero, 2º adestrador EFF Rosalía Senior

Vitoria
“Sumar en casa sempre é importante e máis ao vir dunha derrota que deixou ao equipo cun mal sabor de boa, polo que está vitoria era importantisima para gañar moral de face ás seguintes xornadas”.

Titularirades de Paqui e Paula
“Ambas xogadoras fixeron un gran partido. A nota negativa foi a mala sorte de Paula ao facerse dano nunha xogada cando unha rival písalle o tobillo, polo que pide o cambio no descanso ao telo inflamado. Paqui xogou o seu primeiro partido como titular e ao xogalo enteiro tamén lle vale para gañar confianza cara as seguintes xornadas. O bo partido de ambas vale para darlles un toque de atención ás súas compañeiras que non se poderán durmir e haberá máis competitividad na posición o que fará que aumente o nivel de esixencia e rivalidad”.

Javier da instruccións nun lance do partido de onte no Municipal de Oira.

O técnico do Valladares, Javier Riera, atendia á web do club para analizar a partido: “Creo que foi un partido que podería ser mais competitivo senón saísemos un pouco durmidas na primeira parte. Elas gañaron ben, xogando moi ben e teremos que traballar mais a próxima vez”.

“Ese foi o problema. Xa estaba vendo que o prequencemento non era intenso e a entrada no partido non foi moi boa. Creo que a segunda parte si foi máis competitiva que a primeira e bastante mais bonita de ver”.

“Pesounos sair durmidas”

Javier Riera, adestrador CD Valladares

Gol tempraneiro
“A parte de que Rosalía xogou moi ben, creo que os goles foron mais fallos nosos que acertos delas, falando deses goles en concreto. En xeral, elas fixeron un moi bo partido e si creo que nos pesou o saír durmidas”.

Estilo de xogo
“É a filosofía que eu teño. Temos un equipo moi novo, a gran maioría non pasan dos 18-20 anos. Entón creo que a base de acabar xogando ben é xogar o balón sempre e aínda que haxa fallos nalgúns momentos, xa se arranxarán e acabarase xogando moi ben”.

Futuro
“Asentar as bases do xogo e competir todos os partidos a todos os equipos. Logo, os resultados, xa chegasen e sairán mellor ou peor pero, abrigo, dar unha idea de xogo e mellorar en todos os aspectos posibles”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content