Juanma: “Este partido era moi importante, acabar con vitoria o ano faiche ver as cousas doutra maneira”

O técnico onte da EFF Rosalía, Juanma Bello, analizou a victoria no Monte da Aira no derradeiro partido de Liga no 2019: “En canto ao partido a verdade é que o tivemos baixo control en todo momento, con posesión de balón constante e con boas combinacións en fase de finalización, aínda que á hora de rematar si que estivemos bastante imprecisas e noutras ocasións cun resultado apertado pódennos prexudicar, o resultado para min é anecdótico”.

“Ao final todos os partidos son importantes e si que é verdade que nun partido como o de hoxe pódense ver moitos detalles que en partidos con máis tensión custa ver, pero si que dá confianza sobre todo cara a porta que é unha materia pendente”.

Demasiada diferencia entre os dous equipos
Ao final despois de 14 xornadas que levamos disputadas a clasificación normalmente ponche no lugar que che corresponde salvo algunha sorpresa que ás veces tamén se dan, pero estou seguro de que na segunda volta atoparémonos a un rival duro de bater e notaremos a melloría que co tempo acábase vendo nun equipo como o Marín”.

Defensa
“Hoxe en defensa non nos complicamos e xogamos fácil e iso ao final crea unha seguridade e fai que non nos cren ocasións e xa era hora de deixar a portería a cero que levabamos encaixando moitas xornadas seguidas, como dixen antes en canto ás ocasións que creamos e non materializamos é un dos nosos puntos débiles que debemos mellorar de agora en diante xa que nos pode prexudicar para outros partidos máis igualados”.

Noui
“É unha gran noticia volver tela dispoñible para poder sumar nos partidos e non só nos adestramentos e hoxe demostrou que nos pode achegar moito en ataque aínda que teña que mellorar nalgúns aspectos”.

Terminar con bo sabor de boca
“Este partido era moi importante, ao final o fútbol son dinámicas e acabar con vitoria o ano faiche ver as cousas doutra maneira para poder afrontar o 2020 con máis ganas”.

Pola sua parte, Manuel Otero, atendía aos medios ao rematar. O técnico marinense sinalou: “Xogabamos contra un equipo dos de arriba, xa sabiamos ao que viñamos e ademáis faltábanos a porteira, unha central e apañando unha de aquí e unha de alá saímos a competir o máximo posible e a gozar do partido. Pedinlles que xogasen tranquilas, sen medo e se caía un ou caían dez, que competisen. O resultado hoxe dábame igual, a verdade. É un equipo que está a empezar, pasito a pasito e cada vez compiten máis”.

O equipo con dez polas lesións
“Tiñamos só un cambio, outra xogadora do banco está mal dos pulmóns e co que chovía non quixemos forzar pero agradecer ao Rosalía que xogaron tamén con dez para compensar e moitas grazas pola consideración”.

Equipo en formación
É un equipo que se formou este ano, creámolo o último día como quen di con oito nenas que non xogaron nunca ao fútbol, custoulles empezar pero aos poucos van mellorando, xa conseguiron algunha vitoria e empate e estou bastante contento con elas”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content