Judith Gil colga as botas e incorpórase á estrutura da EFF Rosalía

Judith decidiu poñer fin á súa traxectoria futbolística tras finalizar a tempada 19-20, aínda que seguirá formando parte do club que a viu medrar como xogadora ao incorporarse á estrutura da EFF Rosalía.

A xogadora valenciana (2003, Alacante) incorporouse á entidade ourensá en 2018 procedente das Escolas Deportivas Barbadás. Judith defendeu os intereses do conxunto azul ata a tempada 2019/2020, todos eles no seu equipo senior.

A campaña pasada lesionouse nun xeonllo na pretempada e estivo a maior parte do ano arrastrando esa doenza, motivo polo que a sua aparición nas convocatorias non se fixo realidade ata entrado o ano 2020, concretamente na xornada do 19 de xaneiro (xornada 17, SpC San Mateo), cinco partidos antes do paron e posterior finalización da competición polo Covid-19. Por este motivo, a defensa tan só disputo 100 minutos, divididos en dous partidos, un saíndo desde o banco e o outro como titular disputando o encontro completo.

A defensa tivo máis protagonismo na súa primeira tempada.

Judith, a pesares de colgar as botas, non se desvinculará do club e incorporarase á estrutura da EFF Rosalía infantil, realizando as funcións de delegada do equipo dirixido por Alba Rodríguez a partir da tempada 2020/2021. “Estou moi ilusionada ca nova etapa e disposta a axudar dende fora do verde en todo o posible para seguir facendo medrar a Escola”, afirmou a defensa.

Unha nova etapa na que houbo que tomar una decisión importante: “A verdade é que si. Gústame moito o fútbol e a decisión foi complicada pero aínda non estou 100% recuperada do xeonllo e por iso decidín non continuar”.

Sorpresa, foi a reacción da alacantina cando recibiu a chamada da dirección do club, “sendo sincera non esperaba seguir formando parte do club pero alégrame moito que se depositara esta confianza en min”.

Ao respecto de cambiar o rol de compañeira no campo de xogo a axudante de Alba, Judith ten claro que “Tanto as nenas como os compañeiros e a directiva están contentos con ela, iso significa que está a facer as cousas ben. Sei que podo aprender moito dela e é un dos motivos principais polos que aceptei a proposta”.

No momento de facerse oficial a seu novo posto no club, a nova delegada do infantil non quixo esquecerse de valorar a nosa web o que foi unha tempada para olvidar para ela pero no que buscou o lado positivo: “Ao formar parte do plantel pero non podendo disputar encontros, puiden ver as dúas caras: na pel das miñas compañeiras e desde fóra do verde. A primeira volta en canto a resultados foi bastante positiva, a cousa torceuse un pouco os últimos partidos disputados antes de que se decretase o estado de alarma. En canto a sensacións, non foi o mellor ano posible ao meu parecer. Unha nova tempada é unha nova oportunidade e sei que as mozas levarán a esencia Rosalía por bandeira buscando loitar polo ascenso”.

O presidente aproveitou para decir que “Judith é unha das xogadoras que máis se identificou co proxecto da nosa escola, é unha rapaza que a nivel vestiario e humano ten moito que ofrecer, foi por eso que inda que respetamos a súa decisión de non querer xogar, non a quixemos perder dentro do clube xa que estamos seguros que ten moitas cousas positivas que aportar inda que non sexan vestida de futbolista. Obviamente terá que comezar pouco a pouco e o mellor é que comece cerca de Alba”.

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido