Liga infantil: A SCD Milagrosa visita o Monte da Aira

As de Alba enfréntanse a SCD Milagrosa na quinta xornada (12:00h, Monte da Aira)

A EFF Rosalía Infantil ten como rival ao séptimo clasificado na quinta xornada da Liga Infantil Galega Feminina. O conxunto dirixido por Alba Rodríguez recibe en Velle a SCD Milagrosa de Lugo (12:00h, domingo, Monte da Aira), equipo a seis puntos na táboa.

A adestradora do infantil destacou: “é un equipo ao que nos enfrentamos en varias ocasións pero os equipos cambiaron moito xa que nesta nova categoría hai moita nena nova, as dimensións do campo de xogo tamén son novas e nestas idades as rapazas cambian moito dun ano para outro, o que fai que cada fin de semana nos enfrentemos a un rival novo”.

As futbolistas azuis son conscientes de que hai que seguir coa xeira de victorias para manter a velocidade de cruceiro das primeiras clasificadas. Para conseguilo, nada mellor que conseguir unha nova victoria na casa despois da derrota pola mínima no derradeiro partido disputado en Velle. Para elo, Alba convocou a 16 xogadoras.

Convocatoria
Porteira: Valeira.
Defensas: Lucía Pérez, Silvia e Marta Montes.
Centrocampistas: Nair, Daniela, Candela Bouzas, Lidia, Cuquejo, Ester, Cloe e Sheila.
Dianteiras: Claudia Pérez, Sara Rodríguez, Ares e Nerea.

Causan baixa Laura Añón por lesión e Claudia Castro por decisión técnica. “É unha baixa importante porque nos da moita seguridade a nivel defensivo”, añadiu a técnica sobre a non presencia de Laura.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Skip to content