Os dous representantes na Liga Promesas xogaran na matinal do domingo no Monte da Aira.
Tanto a EFF Rosalía “A” como a EFF Rosalía “B” cambian seu horario habitual dos sábados para xogar seus partidos na matinal do domingo a partir das 12:00h no Monte da Aira de Velle.
O Promesas “A” recibe as nosas amigas olívicas do CD Valladares, un equipo que este ano está sufrindo moito dada a case completa renovación do seu plantel. O equipo de Juanma Bello recupera a María e Sofía, ausentes e Tomiño e ten as dúbidas de Candela Losada e Zaira que pasaron a semana con bastantes problemas de saude.
As mais pequenas do Promesas “B” reciben a un Mosteiro acomodado na cuarta praza que da dereito a pelexar na segunda fase polo título. O Mosteiro en teoría é un conxunto superior as azuis, sobre todo a nivel físico, pero as de María Feijóo veñen co subidón do seu primeiro punto conquerido en Barrantes e ca clara melloría das últimas semanas. Para a cita é baixa confirmada Noa Sanz ca súa lesión de nocelo.