Site icon E.F.F. Rosalia

Liga promesas: As pequenas seguen sumando experiencias

Victoria do Promesas “A” e derrota do Promesas “B” no Monte da Aira

Nova fin de semana de compromisos de Liga para todos os equipos da canteira azul. O Promesas “A”, venceu contra o Mosteiro, mentres o Promesas “B” caía derrotado fronte o Atlético Arousana na 13ª xornada do campionato.

EFF Rosalía “A”-CD Mosteiro
O promesas “A” recibía ao único equipo que na primeira volta foi quen de quitarlle puntos (a falta do partido ca UD Mos). O Mosteiro, equipo de nova creación, é un dos mellores conxuntos da categoría e demostrao cada xornada. Na primeira parte parecían encarrilar o partido as de Juanma Bello, pero na segunda parte o Mosteiro foi quen de por en moitos apuros ás azuis que o final conseguiron a victoria despois dun partido moito mais igualado do que reflectiu o marcador final.

EFF Rosalía “B”-Atlético Arousana “A”
O promesas “B” viviu un partido sen historia. O Atlético Arousana “A” é un conxunto moi superior e non diu opción as pequenas, non só de poder disputar o resultado, misión que María Feijóo sabía imposible senon que tampouco diron opción de xogar cunha presión a todo o campo que non cesou en todo o partido.

Exit mobile version