Liga Promesas: Dobre enfrontamento a domicilio.

Madrugón do Promesas “A” e visita a Tomiño do Promesas “B”.

Nova fin de semana de competición para os representantes na Liga Promesas.  Os dous conxuntos xogan como visitantes, o Promesas “A” en Vilagarcía de Arousa fronte o Atlético Arousana “B” e o Promesas “B” viaxa ata terras de Tomiño para enfrontarse ao conxunto local, dous partidos que a priori preséntanse moi igualados.

Atlético Arousana “B” – EFF Rosalía “A” (sábado, 10:00h, Manuel Jimenez)
Madrugón o que se pegan as xogadoras de Juanma Bello para enfrontarse as compañeiras do Atlético Arousana “B”. O partido está para as 10 da mañá do sábado polo que o autobús ten que sair ás 7:30 con destino as terras de Arousa, o partido preséntase compricado non tanto polo madrugón senon polo bo nivel que están a demostrar as xogadoras do segundo equipo do Atlético Arousana na competición (atópanse na cuarta posición da clasificación) con tres victorias e tan só unha derrota e un partido menos.

Tomiño FCF – EFF Rosalía “B” (sábado, 12:15, A Carballa)
As nosas peques do promesas “B” viaxan a Tomiño ca esperanza de poder plasmar con un resultado positivo a melloría que están a demostrar estas últimas semanas no seu xogo. O Tomiño ao igual cas nosas peques inda non estrenou o seu casillero de puntos, polo que o partido preséntase emocionante para os dous conxuntos, a pesar de que estamos segurísimas que tanto o Tomiño como Cae e Feijoó, adestradoras das nosas peques, sairán complétamente satisfeitos si os seus equipos fan un bo xogo e demostran unha total e innegociable entrega.

A disfrutar todas!!!

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content