Liga Promesas: Ledicia en forma de punto para a EFF Rosalía “B”

O Promesas “B” logra seu primeiro punto na visita ao Umia CF.

Os equipos enrolados na Liga Promesas tiveron unha nova xornada de competición. Ambos equipos xogaron a domicilio, destacando o primeiro punto logrado polo Promesas “B”.

Tomiño FCF-EFF Rosalía “A”
O Promesas “A” de Juanma Bello desprazouse a Tomiño para xogar o seu partido contra o equipo local en xornada dominical, algo nada habitual esta categoría. O partido tivo un dominador claro, as azuis voltaron cun resultado moi favorable, reflexo da diferencia entre ambos equipos no céspede de A Carballa. O partido quedou resolto nunha primeira metade onde as pupilas de Juanma cobraron una ventana insalvable para as sus Rivas. A pesar do resultado, destacar a enorme melloría, ilusión, empeño, organización e mimo co que o Tomiño traballa o seu proxecto de base feminina. Un clube que se sigue por esta liña nun futuro cercano será un referente na zona sur de Pontevedra.

Umia CF-EFF Rosalía “B”
Se a semana pasada decíamos que o fútbol debíalle unha á EFF Rosalía “B”, esta semana recibiu a recompensa.
O sábado tocoulle madrugar moito ao Promesas “B” de María Feijóo para desprazarse ata Barrantes. A pesar das importantes baixas de Noa Sanz por lesión e Cayetana por enfermidade, as nosas pequenas fajáronse como auténticas leoas, moi ben organizadas e comandadas polas dúas defensas Elena e Lea e por Carballo na medular. A piques do descanso un erro do Umia plantou a Nicole soa diante da porteira do Umia e o seu tiro cruzado petou no pao cando xa se cantaba gol. O Umia nun tiro dende fora tiña a súa máis clara pero Iara resolveuna a pesar da dificultade.

A segunda parte foi de poder a poder, o Umia saía decidido a encerrar ás nosas no seu campo pero as pequenas azuis seguían moi concentradas e moi traballadoras. A falta de dez minutos, un tiro lonxano do Umia que máis podía ser un despexe, colábase na portería de Iara cando esta pensou que iba fora. Cando esto parecía un mazazo e a sentencia das nosas, un balón roubado por Carballo na medular acab na banda esquerda cara Ainoa que se desfai da lateral e na súa galopada e ante a saida da porteira local cruzaba o balón perfectamente para obter o merecidísimo tanto do empate. Unha gran recompensa para unhas pequenas que non deixan de medrar.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content