Liga Promesas: Terceira xornada

Os nosos dous representantes na liga Galega Promesas terán os seus compromisos na matinal do domingo (11:00 e 12:00 horas; Municipal de Oira).

Novo fin de semana de compromisos oficiais para os equipos da canteira da Escola de Fútbol Feminina Rosalía.

Promesas ‘Amarelo’-CD Valladares
As pupilas de Manu e Carlos reciben ao equipo que os precede na clasificación (11:00h; domingo), un CD Valladares que tivo xornada de descanso o pasado finde semana e alzou con vitoria o seu primeiro partido fronte a Lóstrego.

Promesas ‘Azul’-Tomiño FCF
O rival a pasada xornada das súas compañeiras do Promesas ‘Amarelo’ visita o Municipal de Oira para medirse ao equipo ‘Azul’ (12:00 h; domingo). As “bermellas”, que disputaron un partido soamente, ao descansar na primeira xornada, están empatadas a puntos coas nosas, ao empatar (1-1) o pasado sábado coas Promesas ‘Amarelo’.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content