Liga Promesas: Visita das ‘veciñas’ de Ponteareas e Valladares

Nosas representantes na Liga Promesas disputan a 18ª xornada de Liga na matinal do domingo no campo de Fútbol-8 do Municipal de Oira.

Volve a competición á Liga Galega Promesas Feminina despois do parón do entroido para os nosos dous equipos representantes. Os dous reciben no Municipal de Oira aos equipos que máis preto están de nós, San Mateo e Valladares.

EFF Rosalía-CD Valladares
As de Feijóo, que o pasado domingo disputaban o partido adiado con Umia, reciben ao seu inmediato perseguidor na táboa, O CD Valladares, quintas con 25 puntos. Partido, ademais de para seguir sumando experiencia, para decidir o cuarto posto ao estar os dous equipos distanciados por dous puntos.

As de Feijóo lograron os tres puntos nos seus dous último partidos en casa.

EFF Rosalía ‘B’-Sporting Club San Mateo
Pola súa banda, as máis pequenas terán en fronte á ‘laranxa mecánica’ de Ponteareas. San Mateo, sétimo clasificado con 17 puntos perdeu tres dos seus últimos catro partidos e serán unha boa pedra de toque para un equipo que crece cada día malia os resultados. Javier Alonso, terminou moi contento ao finalizar os últimos partidos das súas xogadoras e seguro que unha xornada máis, o crecemento futbolístico verase reflectido no campo.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content