A xogadora de 22 anos e natural de Bande lucirá o dorsal 19 na súa camisola. Procedente da SD Orzán, onde xogou a tempada pasada na primeira galega, un fichaxe que a ben seguro aumentará o noso nivel na presente campaña.
En primeiras declaracións como xogadora “azul” Feijoo mostrouse “Moi orgullosa de poder vir a un clube que cuida moito os seus valores, eso e a súa filosofía fixeron que me decantase por vestir esta camiseta. Os cambios nunca son fáciles pero penso que todo deportista debe experimentar, meu obxectivo e poder axudar ao equipo e á cidade a que volva estar no mapa futbolístico.”
A banduense tamén declarou que “tendo a oportunidade de xogar en casa, non o pensei dúas veces en estar acá. Quero volver a recuperar o meu mellor nivel e con esforzo, constancia e dedicación sei que o podo conseguir. Son unha xogadora que lle gusta xogar por banda, de lateral esquerdo, subir sempre que podo, rápida pero sobretodo gústame que toda a defensa traballe coordinada”