Milagrosa-Rosalía: Ganas de mais

O cadete viaxa a Lugo despois do parón para visitar ao Milagrosa na sétima xornada (Luís Gorgoso, 12:00h)

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete volve este sábado á competición tralo parón da semana visitando ao SCD Milagrosa. As pontinas atópanse na sexta posición tras sumar os tres partidos na última xornada disputada e non queren baixar ese ritmo. En fronte terán a un conxunto lugués que se atopa na zona baixa da clasificación, algo irregular no seu rendemento pero que poñerá en dificultades ás azuis, máxime xogando no Luís Gorgoso ante o seu público, onde conseguiron a súa única vitoria da tempada. Ganas de máis para as pontinas.

Jorge Sobrino citou a 16 xogadoras para viaxar a Lugo.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA CADETE
Portera: Valeria.
Defensas: Lucía Pérez, Silvia, Sofía Pérez, Paula, Sara Bonjoch, Matilde, Laura Añón, Noa e Aroa.
Centrocampistas: Cuquejo, Ester, Lucía Caride, Sara Rodríguez e Candela Bouzas.
Dianteiras: Nerea.

O partido disputarase mañá sábado ás 12:00 horas e estará dirixido polo colexiado Adrian Estraviz Cerdeira.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content