Mos ‘B’-Rosalía: A pola vitoria ante un dos favoritos

As de Saa afrontan nas Baloutas o seu terceiro partido do campionato a domicilio (17:00 h, domingo).

A Liga non da tregua e a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía afronta esta tarde no Campo de fútbol de As Baloutas o seu terceiro partido a domicilio (17:00 h, domingo). As de Saa, que están invictas tras golear en Oira e gañar no Oural de Salvaterra, intentarán sumar os tres puntos contra o Mos ‘B’.

Para lograr o triunfo ante outro conxunto que aínda non coñece a derrota na competición, o noso equipo tratará de dar continuidade á espectacular capacidade ofensiva que demostrou no inicio da Liga. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía é o equipo máis goleador (xunto a Peñasco) nas dúas primeiras xornadas con dez dianas, seguido polo San Mateo e Mos ‘B’, que logrou seis, pero nosas rivais en soamente un partido.

“Afrontamos o partido con moitas ganas, sabendo que posiblemente sexa un dous rivais mais complicados do grupo, pero pensando tamen que temos posibilidades de sacar un bo resultado non seu campo”, sinalou na previa Aldara González “Aldarita“, capitana do equipo senior.

As dianteiras azuis levan cinco dos dez goles do equipo

Na convocatoria do técnico catalán para esta terceira xornada de Liga atópanse Noui e Zaira. Entre ambas marcaron cinco dos dez goles do noso equipo (Lidia, Aida e Patricia fixeron os tres restantes, ao sumar dous mais en propia porta). A ourensá é, xunto a María Estevez, a segunda máxima goleadora da competición con tres goles. Ambas detrás de Tamara do Club Peñasco.

Convocatoria Escuela de Fútbol Femenina Rosalía:
Porteira: Rocío.
Defensas: Bea, Sabela, Noa Domínguez e Laura Añón.
Centrocampista: Aldarita, Ainara, Noa Fírvida, Ester, Lidia, Aida, Fara e Patricia.
Dianteiras: Zaira, Ana Seguín e Noui.

O rival
O Mos, que antes de comezar esta terceira xornada está cuarto clasificado, cun partido menos, colleitou un contundente triunfo en casa contra o Gondomar por 6-0 na primeira xornada. O equipo dirixido por Roberto Sueiro terá como xogadora máis perigosa a Sara Cuíñas, a súa máxima goleadora con dúas tantos.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content