Nerea Suárez reforza o ataque do Rosalía infantil

A pouco máis de quince días para o comezo dos adestramentos do equipo infantil vos presentamos a sua terceira incorporación.

Nerea Suárez chega ao noso clube procedente do Ribeiro do Avia inda en idade alevín, clube ao que estivo ligada dende que comezou a darlle patadas ao balón de forma federada. Queremos agradecer públicamente á directiva do Ribeiro do Avia todas as facilidades prestadas para a fichaxe de Nerea dende a primeira toma de contacto telefónica co seu presidente.

Nerea posa ca súa nova elástica nas oficinas do clube

Nerea chegou ao Ribeiro en idade benxamín e agora da o salto ao noso clube, según as súas verbas “porque quería xogar con nenas, xa que estos anos xogaba nun equipo mixto”.

Ademáis, tamén formou parte da selección ourensana sub-12 e na que a ben seguro será peza clave esta tempada. E participou xa con nós no amigable co Valladares infantil de final de tempada, polo que xa coñece a moitas das que serán as suas compañeiras.

Nerea di sentirse máis cómoda nas posicións de ataque “gustame xogar de dianteira que é onde xoguei sempre e me sinto cómoda, pero a última palabra sempre a ten a adestradora”.

Dende o clube confiamos na sua aportación, xa que os técnicos aseguran que se trata dunha xogadora de gran forza física que ademáis pode aportar moita calidade a liña ofensiva do conxunto infantil. Trátase da segunda xogadora que se despraza dende a vila de Ribadavia para formar parte do noso clube, xa que esta tempada xa tivemos a nosa benxamín María, todo un terremoto no ataque do promesas “B”.

Por último, Nerea non quere esquecerse de resaltar que “estou moi orgullosa de poder pertencer a este clube e formar parte do seu proxecto. Estou desexando comenzar”.

Pois como dixemos ao comezo, Nerea xa só che quedan unos quince días para comezar coas que serán as tuas novas compañeiras.

Benvida á febre azul!!!

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Skip to content